Martes. 16.04.2024
El tiempo

A verdadeira costa da morte é a subida ao Alto do Ézaro

A verdadeira costa da morte é a subida ao Alto do Ézaro

Que grande Federico Pérez Rey, o actor mazaricán, que xunto ao ciclista muradán Triki son os protagonistas do teaser do Gran Fondo Ézarp, esa dura proba ciclista con visos internacionais pola que aposta o Concello de Dumbría.

Non ten perda este vídeo promocional, falando con dous máquinas da Costa que teñen tan presentes as rampas do mirador. “Moitos din por aí que a Costa da Morte é a zona esta, pero a verdade é que auténtica costa da Morte é a subida ao Mirador do Ézaro”, bromea Fede. ”Todo vai máis ou menos ben ata que chegas ao Hormigón. Ese hormigón tan importante na historia de Galicia, e claro, tiña que estar presente aquí… Aí xa pensas en todo: un taxi, unha ambulancia, na túa familia, en facer o testamento…”

De todas formas, xa sabeds que o importante é chegar arriba! Vaian practicando para que o vindeiro 4 de xullo non vos colla o tren…

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Teaser Gran Fondo Ezaro 2015

Comentarios