Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dumbría presenta un máis duro Gran Fondo do Ézaro con miras internacionais

Dumbría presenta un máis duro Gran Fondo do Ézaro con miras internacionais

Falabamos a semana pasada da gran aposta do Concello de Dumbría polo ciclismo. I é que os números falan e a incidencia no aumento do turismo parece evidente. I é que compre lembrar que destas iniciativas dumbriesas, é toda a Costa da Morte, e todo o sector turístico costeiro o que sae gañando.
Así, coa proba da BTT xa lista para o 12 de abril, e con moito traballo para que unha etapa de La Vuelta finalice de novo no Alto do Ézaro en 2016.

Presentacion do Gran Fondo do Ezaro no Hostal dos Reis Catolicos

Hoxe tocaba presentación, presentación especial no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Contou o Concello de Dumbría cunha serie de figuras do deporte e da escena alega para a posta de longo do Gran Fondo Ézaro, o que sería a terceira edición do Desafío do Atlántico, pero que cambia de nome para entrar nos grandes circuitos internacionais de longas carreiras.

Aló estaban en Compostela, arroupando aos José Manuel Pequeño e César Ferrío, xentes como Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, que volverán estar no Entroido de Dumbría, ademais de Federico Rey Pérez, o actor mazaricán; ademais de Fernando Vázquez, o ex adestrador do Deportivo que xa a piques estivo de subir na primeira edición do Desafío; Pedro Mosquera, o mítico ciclista galego e man dereita na organización da carreira; o ciclista muradán Triki; e David Flores, novo Vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo.

Unha carreira, a do Gran Fondo Ézaro que se celebrará o sábado 4 de xullo e que percorerrá os concellos de Dumbría, Cee, Muxía, Carnota, Mazaricos e Muros, para volver a Dumbría.

Agora a intención é ir colgando novidades no Facebook "Gran Fondo Ézaro e na web www.granfondoezaro.com, dando pistas ademais dos 3 grandes nomes que correrán a carreira. Ademais, en maio toca unha nova e máis potente presentación, con intención de facela no propio Ézaro.

Presentacion do Gran Fondo do Ezaro no Hostal dos Reis Catolicos

Máis dureza para convertirse en referencia mundial

A proba nace de moito traballo, intentando non deixar morrer o potencial ciclista e turístico do Ézaro, xerado dende a Volta 2012.

Este ano, coa intención de ampliar miras, a organización propón aumentar a dureza da proba. "A xente vén se é algo potente, algo duro. Se non fas unha proba potente, non che van vir competir dende Francia, Portugal, Italia...", recoñece o propio Ferrío, que valora que así serán visitas dunha completa fin de semana.

A dureza do Alto do Ézaro combínase coas Paxareiras e outras subidas, aproveitando a nosa xeografía. Farase un desnivel de 2.500 metros, ca particularidade de o pelotón partirá do nivel do mar.

A proba

Fermosa imaxe da Subida ao Ezaro

Haberá dúas opcións:

  • OPCIÓN 1 - PERCORRIDO LONGO Fervenza do Ézaro – Alto Mirador do Ézaro. 137,20km. con 2.480 metros de desnivel, coa particularidade
  • OPCIÓN 2- PERCORRIDO CURTO Fervenza do Ézaro – Alto Mirador do Ézaro. 103,50km. con 2.400 metros de desnivel.

No Rutómetro podedes ver o desenvolvemento da proba. A saída será da Fervenza do Ézaro arredor das 10:00h, dirección Cee, dende onde collerán a AC-552 dirección Carballo. Xirarán cara Muxía pola aldea de Bermún, e 8 km despois cara Vilariño, para entrar en Muxía, ata o mesmo Santuario da Virxe da Barca. De seguido, no porto haberá avituallamento.
Despois volvese polos Muíños, Senande, A Vacariza, Berdeogas (xa de novo en Dumbría), pasando polo cemiterio de cores, polo centro urbán dumbriés e polo Conco, para seguir cara Xestosa, San Crimenzo e cruzar o encoro e facer a baixada dende o Mirador ata a cascada do Ézaro, comprobando as empinadas costas.
Agora toca saír cara O Pindo, Panchés, Caldebarcos e chegar pola AC-550 ata Muros. Subirase ata o alto de Paxareiras dende Muros e baixarase polas curvas perigosas da zona de Louredo ata O Viso, dende onde comeza a volta atrás, para enfilar o gran desafío…

O gran reclamo, o Hormigón

O Hormigon as rampas da subida ao Alto do Ezaro

As rampas do Mirador xa son un porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo, como o propio Alfredo Relaño recoñecía o ano pasado. I é que un final de etapa así, con rampas de ata o 30% cando a estrada se volve formigón (que debeu ser que o asfalto caía por gravidade cando a fixeron…). Son menos de 2 km de subida, pero se os coches teñen que meter primeira, que desarrollo teñen que meter os ciclistas?!?

Inscricións

Daremos conta, pero o prazo de inscrición abre o 1 de marzo, e a inscrición realizarase por adiantado a través da páxina web: www.granfondoezaro.com ou www.emesports.es<(a>, ambas no apartado de inscricións.
A inscrición darase por pechada o día 26 de xuño de 2015 ás 22:00, ó chegar ó límite de participantes fixado pola organización (1.000).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios