Hoxe, mércores, no Depor Sport

Traemos de novo a actualidade do diario deportivo que máis atención fai no noso fútbol tratando os Vitucos e os Beiroas como auténticos Rikis.

O repaso comeza pola Preferente, cun Soneira que volve xogar o sábado, ao igual que o Cee (xa saben que, coma sempre, os martes pola tarde actualizamos os horarios de cara a vindeira xornada nas táboas de Resultados e clasificacións).
Pero como interesante apuntamento, o diario comenta como o fútbol ferrolán si se une e si se enfronta á Federación, con bos modos. Alí, tampouco está dacordo co novo Plan Competicional (malia que na Costa, trala última votación saíu un polémico "si"), sobre todo o recibo arbitral unificado para as 3 categorías do fútbol afeccionado. Dende a ANFACO afirman que ata poderían para as ligas a primeira semana de outubro. Imaxínanse os clubes da Costa unidos para facer folga?

Xa na Liga da Costa, o diario fala con Chema Eirís, que sen estar preocupado polo comezo de temporada do seu San Lorenzo, asegura que o equipo ten que asegurar atrás. Analiza tamén o diario a doble cara do Nantón, tras caer 1-6 en Malpica e vencer en Ara Solis,. E fala con Alfredo Cambeiro, xa que Carnota está de festas estes días, e xa levamos unha boa xeira de festas...

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Depor Sport.