Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Unha Liga de tolos

2ª Autonómica: Unha Liga de tolos

Só fixeron falta dúas xornadas para decatarse que esta Liga da Costa vai ser de tolos. Parece que só o Club do Mar saca a cabeza por diante do pelotón, con este comezo fulgurante e coa selección de xogadores que presenta. No resto vemos que hai moitas sorpresas e quen gañou, sobrado, na primeira xornada acabou sucumbindo na segunda.

Repetíronse sorpresas como as vitorias visitantes de Baio en Sofán, do Nantón en Ara Solis, do Buño en Camariñas, ou do Muros en Zas. E quedan só 3 equipos con 2 vitorias: Club do Mar, Esteirana e Dumbría B.

Sofán - Baio (1-2)

  • Sofán: Richard, Adrián, Diego, Pensado (Berti, min.55), Juanjo, Juan Rabuñal, Alemán (Jacobo, min.88), Iván Rey, Suso Docampo, Abel (Edu, min.86), David Pensado.
  • Baio: Poyo, Matías, José Antonio (Andrés, min.35, Mario, Iván de Treos, Martín Pérez, Eloy, Canai, MC, Alberto (Rubio, min.85), Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, min.35: Diego dende fóra da área; 1-1, min.44: Matías de falta; 1-2, min.85: Alberto de penalti cometido sobre MC.
  • Expulsión: David Pensado no min.50.

Fermoso e disputadísimo encontro entre o Sofán e o Baio no Carral ante uns 150 espectadores. Os sofanistas saíron tentando tocar, pero o Baio presionaba con fortaleza a saída do balón local. Avisaba o Sofán por medio de David Pensado, pero tamén o facía o Baio ante as respostas do meta sofaista Richar, o mellor do partido.

Cando mellor estaba o equipo baiés chegou o gol de Diego que rompía aos visitantes. Tardaron en espertar, pero foi Matías, ao fío do descanso que puxo un xusto empate que deixaba o partido aberto de cara á segunda metade.

De tolos foi a segunda metade, que comezaba coa dubidosa expulsión de David Pensado, deixando ao equipo local con 10 durante 40 minutos. O Baio, soubo contemporizar o choque e pisou o acelerador contra o final para que Alberto matase o choque tras un penalti de Diego sobre MC.

Nas filas baiesas debutou Javi Suárez, vimiancés que procede do Zas, tras un par de meses de negociacións. A Directva do Baio quere apuntar que o desexo do xogador sempre oi enrolarsen as filas baiesas, a pesar das intrusións de outros clubes, pero a fichaxe non se puido concretar ata a semana pasada porque as eleccións no Zas facían que non lle deran a liberdade.

Club do Mar - Corcubión (3-0)

  • Club do Mar: Iago Dans, Pablo Corral (Chori, min.66), Chechu (Luis, min.77), Rubén, Álex, Tonecho (Alberto, min.69), Jacobo, Bertín (Brais, min.80), Santi Silva, Vituco.
  • Corcubión: Cristian, José de Atalaya, Sergio Manín, Lema, Balucho (Javi Tarrela, min.64), Alberto (Antonio, min.79), Paulo, Alán, Johny, Sebas (Edu, min.30), Mario.
  • Goles: 1-0, min.1: Bertín; 2-0, min.14: Tonecho; 3-0, min.24: Tonecho.

Tremendo este Club do Mar, que pode ser o equipo máis destacado deste comezo de campaña. Así o define Manín, que recoñece que pasou unha locomotora por riba do equipo corcubionés e que de seguro será "o futuro campión da Liga da Costa".

Aos 15 minutos o partido xa estaba 0-2, e á media hora Tonecho xa sentenciara definitivamente o choque. De aí ao final, o Corcubión aguantou as embestidas, máis relaxadas, dos locais, pero tampouco puido chegar á meta rival.

Camariñas - Buño (1-2)

  • Camariñas: Pombo, Pesqui (Nico, min.80), Maikel, Breo (Dani, min.65), Carlos (Alberto Ogando, min.30), De la Sierra, Brais, Javi (David, min.46), Juan oBello, Leo.
  • Buño: Toni, Ángel, Secundino, Diego, Brais, Jorge Calvete, Ismael, Rubén (Dani Calvete, min.55), Dourado (Juan, min.72), Elías (Óscar, min.87), Víctor (Emilio, min.60).
  • Goles: 0-1, min.20: Víctor; 0-2, min.33: Víctor; 1-2, min.59: Brais.

Un dos equipos que máis sofre a Barca é o veciño Camariñas. E se non que llo digan a Manolín que tivo varias baixas para o choque da fin de semana. Os malpicáns chegaron serios e aproveitaron os despistes da defensa local. Víctor foi a punta de lanza dos visitantes que encarrilou o choque no primeiro tempo.

Na segunda metade o Camariñas volcouse sobre a sempre firme defensa do Buño, e non puido máis que recurtar por medio de Brais. A defensa visitante mantivo a meta pechada nunha última media hora cos camariñáns volcados.

Fisterra - Nanton (0-1)

  • Fisterra: Joselu, Juan de Elvira, Pana (Tata, min.55), Nico, Manuel Cartamil, Gus (Santi, min.75), Roa, Guardiola (Piti, min.55), Marco Docabo, Rivas, Roco (Marco Castreje, min.83).
  • Nantón: Martín, David, Diego, Félix, Sito, Martín II, Fabio, Víctor Amado (Eloy, min.82), Luis, Manolo do Cruceiro e Iván (Pedro, min.77)
  • Gol: 0-1, min.13: Luís tras un balón peiteado por Iván.
  • Lesión: Víctor Amado.

Boa expectación, unhas 150 persoas, en Ara Solis para ver o debut na casa do renovadísimo equipo fisterrán. O Nantón aproveitouse dos erros do equipolocal, que ademais de non estar moi seguro atrás acusou unha certa falta de definición, como na primeira xornada. Foron numerosas as ocasións locais, pero non foi outro que o de sempre, Luís, o que marcou ao cuarto de hora un tanto que sería decisivo.

Intentouno o Fisterra, co mando do balón en todo momento e sen sufrir ocasións en contra. A máis clara tívoa Rivas, que mandou o balón ao poste na segunda metade, pero a ansiedade puido de novo á dianteira fisterrá.

Malpica - Castriz (1-3)

  • Malpica: Suso; David Álvarez, (Casais, min.82), Marcos Amado, Víctor, Iago, (Marco, min.82), Rancaño, Neucha, Cheo, (Nando, min.65), Pablo, Andrés, (Dani, min.70), Alfredo.
  • Castriz: Herrera; Prego, (Sergio, min.85), Álex, Pose, (Miguel, min.87), Toniño, Alberto, Mauri, Sebas, Iván, Martín, (Pablo, min.71), Rubén, (Jonhatan, min.90).
  • Goles: 1-0, min.60: Alfrediño a pase de Pablo; 1-1, min.65: Iván de falta directa; 1-2, min.70: Iván tras varios rexeites; 1-3, min.80: Pablo tras un tiro de Sebas ao poste.
  • Expulsión: Marcos Amado no min.87.

Confiouse de máis o Malpica trala súa goleada a primeira xornada e consciente do bo equipo que presenta esta campaña. Pero en fronte, o Castriz sacaba 3 puntos como nas 4 últimas tempadas, foi capaz de darlle á volta ao marcador tras unha igualada primeira metade.

Foi Alfrediño o que adiantou aos locais faltando media hora no que parecía o encarrilamento da vitoria. Pero non se descompuxo o Castriz, todo o contrario. Ergueuse e en 10 minutos tiñan remontado o partido ante a relaxación local, por medio de Iván, que aproveitou unha falta dende a frontal un despiste defensivo. Ante a falta de resposta local, Pablo aproveitou unha xogada á contra con erro defensivo incluído, no que Sebas mandou ao poste.

Esteirana - Mazaricos (2-1)

  • Esteirana: Venancio, Chispi, Dani Rama, Maceiras (Simón, min.70), Damián Suizo, Eloy, Picholeiro (Uru, min.85), Roberto Pladur, Andel, Cajulo (Álex, min.75), Adelino (Adrián, min.80)
  • Mazaricos: Juan, Casáis, Tuco, Matías (Rodri, min.55), Chico (Ramón, min.75), Brais, Matías II, Pereiro, Estéfano, Rafa, Cristian.
  • Goles: 1-0, min.15: Cajulo a pase de Andel; 2-0, min.35: Roberto Pladur; 2-1, min.85: Brais.

Moi forte estase a amosar esta Esteirana neste comezo de campaña, e acompaña ao Club do Mar e ao Dumbría B no máis alto da táboa. Os muradáns acabaron sufrindo pero puideron matar o choque. Así e todo, a imaxe do equipo mazaricán foi moi positiva e malia non sumar un punto demostra que está ao nivel.

Roberto Pladur mandou dous balóns á madeira no primeiro tempo, e contra o final Brais puxo o susto no corpo dos locais acortando distancias.

Dumbría B - San Lorenzo (5-3)

  • Dumbría B: Anxo, Samuel (Roi, min.46), Sergio Cives, David Carreira, Ramiro, Jesús (Ivanete, min.75), Tati, José, Manuel, Rodrigo (Fernando, min.70), Pablo Lestón (José Carreira, min.80), Miguel Poyo.
  • San Lorenzo: Recarey, Santi (Chucho, min.70), Javi Varela (Carlos, min.40), Puñal, Dubra, Cachizo, Anxo (Jorge, min.43), Miguel, Marcos (Ely, min.83), Fuentefría, Adrián.
  • Goles: 1-0, min.1: José Manuel dende a área pequena; 2-0, min.5: Jesús dende fóra da área; 3-0, min.9: Rodrigo tras unha boa xogada colectiva; 4-0, min.25: Rodrigo de cabeza; 4-1, min.40: Miguel dende a área pequena; 4-2, min.50: Marcos a pase de Fuentefría; 4-3, min.55: Fuentefría a centro de Adrián; 5-3, min.70: Pablo Lestón de falta directa.

Partido moi estrano no Conco, de ida e volta, con alternativas. A primeira parte estivo controlada polo Dumbría B, ante un San Lorenzo ao que lle falta intensidade. 3 goles en 10 minutos facían que o encontro tomase tintes locais, pero o gol de Miguel para o San Lorenzo antes do descanso deixaba unha porta aberta á igualada. E volcouse o cadro de Chema Eirís, que se queixou dunha arbitraxe algo "caseira", sobre a meta dumbriesa, poñendo o 2-4 e o 3-4 por medio de Fuentefría que facía tremer a vitoria local. Foron 20 minutos nos que tanto o empate como a sentencia podía caer, e foi Pablo Lestón, cunha boa falta, quen puxo o definitivo 5-3.

Zas - Muros (1-3)

  • Zas: Elías, Mel (Lagoa, min.30), Martín (Óliver, min.60), Solís, Pereiro, Jaime, Juan, Adrián Mourelle (Rafa, min.55), Peke, Ismael, Pablo Muíño.
  • Muros: Lupi, Teo, Marco Antonio, Mayuyo, Manu Dosil (Gelo, min.70), Mingos (Iván, min.60), Dani Corniños, Jesús (Alberto, min.70), Óscar de Maema, Sexo, Seluco (Casco, min.85)
  • Goles: 1-0, min.1: Ismael de tacón; 1-1, min.15: Seluco; 1-2, min.25: Óscar de Maema; 1-3, min.35: Mayuyo, de penalti.

Soprendente vitoria do Muros en Zas, sobre todo tralo acontecido a primeira xornada. Ademais, o xuvenil Ismael puña por diante aos locais ao primeiro minuto, algo que pareceu encender o motor muradán. Fóronse arriba os de Sil, e en pouco máis de media hora deran a volta ao partido e puxeran vantaxe no marcador. De aí ao final foi un quero e non podo por parte local, que non conseguiu recurtar distancias ante a boa disposición da defensa muradá.

Corme - O Pindo (Aprz.)

Aprazado pola morte dun histórico do Pindo, e actualmente tío dun xogador e dun directivo, moi querido na vila carnotá. Seguramente o encontro quedará para o xoves 8 de decembro.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios