Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Resultados dunha nova e sorprendente fin de semana no fútbol costeiro

Resultados dunha nova e sorprendente fin de semana no fútbol costeiro

Nova xornada ligueira e novo resultados sorpresas. Debiu ser a Barca, que fixo mella en absolutamente todos os campos da bisbarra...

Na Preferente son os equipos xalleiros os que están a comezar con mellor pé. De feito, Santa Comba e Xallas xa están 4º e 6º respectivamente con 7 puntos. Os que non arrincaron tan ben son os Soneira e Dumbría. Os de Manolito non pasaban do empate ante o potente Laracha, que contaba partidos por vitorias ata chegar ao Municipal de Vimianzo. O Dumbría, pola súa parte, volvía de baleiro de Chantada malia estar nun encontro moi igualado.

Na 1ª Autonómica boas novas para os dous equipos. O Cee voltaba ao San Pedro de Refoxos e acadaba unha cómoda vitoria, mentres o Ponteceso sacaba 3 puntazos, moi traballados, do campo ferrolán do Perlío.

No tocante á Liga da Costa, só podemos dicir, que comeza tola. De novo moitas vitorias visitantes e moita igualdade, como notas predominantes. Se ben, o único que "predomina" é o Club do Mar, líder xunto co Dumbría B, que está a deixar moi boa imaxe alá por onde pasa. O Malpica confiouse de máis ante o Castriz e aquí xa se sabe que non hai inimigo pequeno.
Como apuntamento, o encontro entre Corme e O Pindo aprazado pola morte dun home moi achegado e querido no clube carnotán.

A xornada na 3ª da Costa deixa a un Montelouro líder en solitario sendo o único equipo con 3 vitorias en 3 partidos. Os muradáns, tras un ano de descanso, volven con gañas de fútbol, e esta semana foi o Laxe o que o sufríu. Por detrás, con 7 puntos, seguen Outes e Cerqueda; os malpicáns superaron con facilidade ao Soneira B, mentres que os da Serra mantiveron un tremendo duelo co Carnota que rematou cun espectacular 4-4 cuns 10 últimos minutos de infarto.

Continúan os xuvenís da Liga Norte Gr.4. Ademais do encontro aprazado pola Barca do Zas-Muxía, ningún equipo suma os 6 puntos en liza. A igualdade é total e ata 4 equipos suman 4 puntos.

E tamén comezaron os Veteranos. San Lorenzo, Castriz e Bergantiños son os únicos que sumaron os 3 puntos na 1ª División, xa que houbo varios empates e varios encontros aprazados. Na 2ª, o Sofán comeza con forza, e 10 goles ao Club do Mar.

Preferente Norte, xornada 3

Soneira 1-1 Laracha
Santa Comba 2-0 Ribadeo
Foz 1-2 Xallas
Chantada 2-1 Dumbría

1ª Autonómica, xornada 2

Cee 3-1 Atl. Riveira
Perlío2-3 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 2

Club do Mar 3-0Corcubión
Fisterra 0-1Nantón
Camariñas 1-2 Buño
Sofán 1-2 Baio
Corme Aprz.O Pindo
Malpica 1-3 Castriz
Esteirana 2-1 Mazaricos
Dumbría B 5-3 San Lorenzo
Zas 1-3Muros

3ª Autonómica, xornada 3

Atl. Pereiriña Aprz 08-12 Muxía
Volantes 5-1 Xaviña
Coristanco 0-1Cabana
Montelouro 2-0 Laxe
Corcoesto 1-4Lira
Outes 4-4 Carnota
Porteño 1-0Camelle
Alcaián 4-1 Fisterra B
Cerqueda 3-0 Soneira B

Liga Xuvenil Norte, xornada 2

Camariñas 2-0Coristanco
Laxe1-5 Malpica
Corme 2-2 Ponteceso
Zas Aprz. Muxía
Baio 3-3 Cabana

Ligas de Veteranos, xornada 1

1ª División

Camariñas 2-3 Castriz
Baio Aprz.12-10 Vimianzo
Bergantiños 0-1 Xuv. Bergantiños
Corcubión 1-1 Cabana
San Lorenzo 4-1Nantón
Ponteceso 1-1 Buño
Zas Aprz. 12-10 San Román

2ª División

Atl. Milagrosa 4-1 Dep. Carballo
Corcoesto4-0 Porteño
Corme 0-2 Malpica
Coristanco 3-1Leiloio
Club do Mar 1-10Sofán
Cerqueda 1-3Agualada
Soneira 2-0Camelle

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios