Mércores. 24.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Sumando xa de 3 en 3

1ª Autonómica: Sumando xa de 3 en 3

Xa coñecen a vitoria os Cee e Ponteceso neste curso na 1ª Autonómica. Tralas derrotas da primeira xornada, ceenses e pontecesáns eliminaron pronto as pantasmas, e venceron con relativa comodidade. Sufriu algo máis o Ponteceso en Perlío, pero por non ter sentenciado con tempo. O Cee, amosou unha grande imaxe na casa.

Cee - Atl. Riveira (3-1)

  • Cee: Parroto, Ruben Fiuza, Rafa, Julio, Fermín, Luis (Jorge, min.80), Nico, Piquero (Diego, min.77), Tasky, Miguel Riveiro (Fernando, min.60), Ángeliño (Penedo, min.85)
  • Goles: 1-0, min.35: Ángeliño de falta con axuda do porteiro visitante; 2-0, min.47: Tasky a pase de Angeliño. 3-0, min.75: Fernando marca un golazo de volea desde o borde da área. 3-1, min.90: Fiuza en propia puerta.
  • Expulsión: un xogador do Riveira no min.85 por unha patada sen balón a Angeliño.

O Cee debutaba na casa e non defraudaba a súa afección. Controlaron os de Pato malia que os primeiros minutos o Riveira foi quen se achegou máis á meta rival. Tras aguantar os primeiros ataques visitantes, pouco a pouco foi facéndose co control do partido. Angeliño certificouno antes do descanso poñendo en vantaxe aos azulóns.

Importante foi o gol de Tasky á volta do descanso, tras un bo pase de Angeliño, que tranquilizou o choque. O Riveira veuse arriba, pero o Cee, moi seguro atrás, aproveitou os espacios para crear moito perigo á contra. O Riveira só marcou, contra o final, e cun tanto en propia de Fiuza, o que dá boa conta da seriedade defensiva ceense.

Perlío - Ponteceso (2-3)

  • Ponteceso: Norberto, Rubén, Dani Pallas, Luisete, Rubio, Josito (Nando, min.70), Alberto Recarey (Mendieta, min.58), Fabián, David, Toniño (Fabi, min.89), Pablo Vázquez.
  • Goles: 0-1, min.31: Josito cun golazo de volea dende a frontal; 1-1, min.44; 1-2, min.82: Nando; 2-2, min.84; 2-3, min.89: Nando.

O Ponteceso puido co gafe do chamado mata-costeiros tralos resultados do ano pasado. E foi un partido para golear, que non soubo sentenciar a tempo e acabou sufrindo. Pois o choque estivo dominado de principio a fin, dende que Luisete aos 30 segundos e Toniño aos 5 minutos, xa meteron o medio no equipo local.

Na primeira media hora foron varias as ocasións dos de berto, como unha boa de David de cabeza, ou un penalti non sinalado no minuto 40, xa despois de que Josito marcase o gol da xornada cunha volea espectacular dende a frontal. O Perlío non se achegou apenas na primeira e o marcador, que podía lucir perfectamente un 0-4, sinalaba o 1-1 ao descanso cun tanto no min.44 dos locais.

Na segunda o xogo estivo algo máis igualado, co Ponteceso algo despistado tralo empate. Un novo gol anulado aos pontecesáns no minuto 76 por un dubidoso fóra de xogo deixaba 10 minutos moi tensos. E o partido decidiuse a golpe de sorte con 3 goles en 10 minutos, sendo Nando o acertado cara a meta rival.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios