Martes. 23.04.2024
El tiempo

Preferente: Os equipos xalleiros meten a directa

Preferente: Os equipos xalleiros meten a directa

Impresionantes os Santa Comba e Xallas neste comezo de campaña na Preferente. Os laranxas, recén descendidos, e os verdiños, recén ascendidos, van da man e xa están de cheo no grupo cabeceiro.

Algo máis abaixo quedan Soneira e Dumbría, que non acaban de arrincar. Os soneiráns manteñen a liña do empate, que tan ben lle foi o ano pasado. Pola contra, os dumbrieses parece que están pagando a "novatada", pero a imaxe que seguen a dar polos campos do país é moi positiva, e só fai falta un pouco de acerto cara gol.

Santa Comba - Ribadeo (2-0)

  • Santa Comba: David, Amoedo, Pablo Baña (José Ángel, min.80), Angelo, Gonzalo (Damián, min.65), Toni, Doro, Colón (Noli, min.55), David Blanco (Chinda, min.55), Julián, Jota.
  • Goles: 1-0, min.56: Noli tras varios rexeites; 2-0, min.74: Julián, un golazo facendo unha diagonal tras regateando a un par.

Desta vez acabou con 11 o Santa Comba (tras 4 expulsións en dous encontros), e non perdoou. Os xalleiros tiveron o partido controlado de principio a fin. Aínda dominou máis na primeira, pero intentaban entrar co balón na portería, e non se definía.

Os goles chegaron na segunda metade, na que sen embargo houbo algunha alternativa, malia que as ocasións dos lucenses, que poden ser carne de zona baixa, eran pouco claras. O Santa Comba tivo menos ocasións pero máis claras, e foron Noli, ex do Castriz e xa participando co primeiro equipo como Jota ou Chinda, entre outros, e un golazo de Julián, serviron para matar o partido.

Foz - Xallas (1-2)

  • Xallas: Cheli, Ismael, Rubio, Becerra, Martín, Brais, Rubén, Álvaro Cancela (Álvaro Antelo, min.69), Adrián Beiroa (Adrián Prol, min.76), Luís (Alexandre, min.80), Iván Amor (Aitorl, min.73).
  • Goles: 0-1, min.8: Iván Amor tras un desmarque á espalda da defensa; 0-2, min.13: Iván Amor; 1-2, min.92.

Totalmente verde o encontro en Foz deste espectacular Xallas de Iván Cancela. Rubén Forján xa avisou no mimunto 4 dende fóra e Rubio marcou pero o tanto foi anulado polo colexiado por unha suposta falta tras un córner. E coa voráxine do comezo, Iván Amor sentenciou o choque aos 15 minutos con dous tantos de bella factura tras sendos desmarques á espalda da defensa.

Tralos dous goles iniciais, o conxunto local veuse lixeiramente arriiba pero abusando, en todo momento de balóns arriba. E aí estiveron moi seguros os zagueros xalleiros que controlaron o tempo do partido e o xogo aéreo.

O Xallas contemporizou na segunda metade, tendo moito o balón e sacando ocasións á contra, con varias internadas de Rubén, Adrian Beiroa e unha fersosa tixeira de Aitor a falta de 5 minutos. De feito, o gol en contra chegou pasados os 90 polo que Iván Cancela e Santi Casal apenas sufriron no banco, e valoran o bo colchón que ten o equipo para afrontar con tranquilidade estes vindeiros meses.

Chantada - Dumbría (2-1)

  • Dumbría: Juan Purrúa (Isma, min.70), Iván Pequeño, Tantán, Suso, Chula (Jesíus, min.65), Aarón, Schuster, Alberto, Luisito (Iago, min.46), Eloi (Riki, min.70), Cacho (Adrián, min.46).
  • Goles: 1-0, min.68; 2-0, min.70: 2-1, min.85: Adrián Mackaay de penalti.

Tras un encontro moi igualado, decidiu o choque quen marcou primeiro. E puido ser o equipo dumbriés se Adrián Mackaay e Alberto (mandou unha vaselina que tras superar ao meta local marchouse por moi pouco) non marrasen dúas boas ocasións á volta do descanso. Pero dous goles en dous minutos, con sendos despistes da zaga dumbriesa, fan que os de Canosa volten sen premio de Chantada.

Os locais, que aproveitaron as dúas mellores ocasións que tiveron, non foron superiores ao equipo costeiro. Iso si, parece que o Dumbría está pagando a novatada, pero segue traballando na mesma iña non haberá problema. De feito, a imaxe que volveu deixar foi moi positiva.

Soneira - Laracha (1-1)

  • Soneira: Fran (José Ángel, min.70), Modesto, Mayor, Vecino, Pablo, Santi, Fran Urroa (Mario Toja, min.80), Míchel, Víctor García, Kike, Vía Rápida (Jorge Vigo, min.80).
  • Goles: 1-0, min.10: Vía Rápida; 1-1, min.57.

Continúa na mesma liña que o ano pasado o equipo de Manolito. Moi seguro en defensa, non deixa fisuras que aproveitar. E así contrarrestou o forte ataque deste laracha, chamado a estar cos de arriba.

Vía Rápida, clave neste comezo de curso, marcou aos 10 minutos, pero o seu gol fixo que o Laracha subise filas. Non empataron ata pasados 15 minutos da segunda metade, se ben Víctor García e Kike tiveron boas ocasións para deixar os 3 puntos en casa.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios