Huelvis dirixe aos Cadetes do Dumbria-Foto-Facebook JP
Intensa e feliz a tarde do sábado no Conco con dous partidos de ligas autonómicas de primeiro nivel, que remataron con doble alegría.
Os xuvenís de Liga Galega aputan xa á Liga Nacional, pois comandan a táboa despois de golear o que chegaba de líder ata o momento. Pola súa banda, os cadetes sumaban a primeira vitoria na máxima categoría e toman un bo respiro confirmando as boas sensacións das primeiras xornadas.
Dumbría: Bruno, Roberto, Jose Miguel, Canario, Pablo, Yeray, Mauro, Edu, Maikel, Juan de Dora e Javi. Tamén xogaron: Marcos Mouro. Jacobo. Borja. Eloy e Isma.
Goles: 1-0, m.3: Juan de Dora tras unha boa xogada de Javi e Maikel; 2-0, m.31: Edu; 3-0, m.42: Javi noutra contra rápida; 4-0, m.70: Pablo Paz a pase de Javi.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/1023080251059811/videos/1059360817431754/" width="700" height="400" onlyvideo="1"]
Comezaba o partido co detalle do cadro dumbriés ao eterno capitán, Fabián.
Empezou ben o cadro de Leis e Lobelos ante un moi bo equipo que de medio campo cara arriba contaba con bos xogadores e por iso eran os líderes ata esta xornada. Xa no minuto 3 Unha boa xogada de Javi e Maikel acabou en gol de Juan de dora.
Seguiron firmes atrás e os visitantes pararon a dominar máis o partido, pero cando recuperaban o balón os dumbriese sempre facían dano e nunha xogada dos dianteiros locais acabou chegándolle o balón a Edu que fixo o 2-0 á media hora xe xogo. A pouco do final do primeiro tempo, un novo roubo con saída rápida supoxo o 3-0 obra de Javi.
Xa na segunda parte eles trataron de recortar pero o bo traballo do equipo fixo que os locais puidesen manter a portería a cero. No minuto 70 o central Pablo paz arrancou desde a súa área e combinou con Javi que lle serviu un bo pase para que o defensa resolvese moi ben diante do porteiro logrando o definitivo 4-0 que deixa aos dumbrieses líderes e os maximos goleadores da categoría.
O Val fixo un gran partido pero a eficacia de cara o gol dos dumbrieses foi moi alta.
Dumbría: Juan Berdullas; Esteban (Brais Rey, m.75), Josiño, Luís Mayán, Erre (Juan Álvarez, m.60); Fabio, Carlos, Adrián, Martín (Fran Moreira, m.70), Mario ( Brais Tajes, m.54) e Brandón.
Gol: 1-0, m.67: Brais Tajes, recolle un pase atrás de Carlos, pola dereita, e desde unha posición escorada marca de potente dereitazo
Primeira vitoria deste Dumbría cadete, que cada semana da pasiños cara adiante. Vitoria con merecemento diante do Bora pontevedrés que se achegou ó Conco con 2 vitorias en 3 partidos de liga. Aínda así os locais afrontaron o choque mandando no partido, saindo a buscar a un rival ben plantado defensivamente, que recurría como medio ofensivo a buscar balóns longos cara os seus e habilidosos puntas.
Pouco tardaron Fabio e Carlos con facerse co control no medio do campo, encontrando vías de penetración coa habilidade de Mario e Martín pola dereita. Así chegaron as primeiras escaramuzas costeiras, con finalizacións perigosas de Bandon, Martín e Adrián, aínda que sin acerto.
No segundo tempo continuou o dominio local, incrementado coa entrada de Brais Tajes. O de Arou foi o puñal que rasgou o entramado defensivo pontevedrés na última media hora.
Mentres o Bora baixaba as súas prestacións físicas, o Dumbría as incrementaba. Da potencia de Carlos, en combinación con Tajes naceu o unico gol do encontro. O camariñán encontrou un bo balón na área visitante e golpeou cunha violencia imparable para o gardaredes visitante.
O gol fixo reaccionar ó Bora, e un par de minutos despois, tivo unha clara ocasión que desbaratou o porteiro local Juan Berdullas cunha extraordinaria salida. A presencia de Juan Álvarez na medular dou maior consistencia aos de Huelvis e Cespón, e permitiu máis liberdade ao resto de centrocampistas dumbrieses.
Gran vitoria deste cadete do Dumbría, que só tiña que lamentar a escordadura de nocello de Erre, aínda que a evolución parece satisfactoria, e é moi probable que esté listo para a visita o vindeiro domingo a terras viguesas, para enfontarse co Santa Mariña. Por certo, cun horario un tanto intempestivo para un viaxe tan longo, as 11 da mañá.
As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.