Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Tarde de alta escola no Conco

Ligas Galegas: Tarde de alta escola no Conco
Huelvis dirixe aos Cadetes do Dumbria-Foto-Facebook JP Huelvis dirixe aos Cadetes do Dumbria-Foto-Facebook JP Intensa e feliz a tarde do sábado no Conco con dous partidos de ligas autonómicas de primeiro nivel, que remataron con doble alegría. Os xuvenís de Liga Galega aputan xa á Liga Nacional, pois comandan a táboa despois de golear o que chegaba de líder ata o momento. Pola súa banda, os cadetes sumaban a primeira vitoria na máxima categoría e toman un bo respiro confirmando as boas sensacións das primeiras xornadas.

Liga Galega Xuvenil, xornada 3

Dumbría - O Val (4-0)

  • Dumbría: Bruno, Roberto, Jose Miguel, Canario, Pablo, Yeray, Mauro, Edu, Maikel, Juan de Dora e Javi. Tamén xogaron: Marcos Mouro. Jacobo. Borja. Eloy e Isma.
  • Goles: 1-0, m.3: Juan de Dora tras unha boa xogada de Javi e Maikel; 2-0, m.31: Edu; 3-0, m.42: Javi noutra contra rápida; 4-0, m.70: Pablo Paz a pase de Javi.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/1023080251059811/videos/1059360817431754/" width="700" height="400" onlyvideo="1"] Comezaba o partido co detalle do cadro dumbriés ao eterno capitán, Fabián. Empezou ben o cadro de Leis e Lobelos ante un moi bo equipo que de medio campo cara arriba contaba con bos xogadores e por iso eran os líderes ata esta xornada. Xa no minuto 3 Unha boa xogada de Javi e Maikel acabou en gol de Juan de dora. Seguiron firmes atrás e os visitantes pararon a dominar máis o partido, pero cando recuperaban o balón os dumbriese sempre facían dano e nunha xogada dos dianteiros locais acabou chegándolle o balón a Edu que fixo o 2-0 á media hora xe xogo. A pouco do final do primeiro tempo, un novo roubo con saída rápida supoxo o 3-0 obra de Javi. Xa na segunda parte eles trataron de recortar pero o bo traballo do equipo fixo que os locais puidesen manter a portería a cero. No minuto 70 o central Pablo paz arrancou desde a súa área e combinou con Javi que lle serviu un bo pase para que o defensa resolvese moi ben diante do porteiro logrando o definitivo 4-0 que deixa aos dumbrieses líderes e os maximos goleadores da categoría. O Val fixo un gran partido pero a eficacia de cara o gol dos dumbrieses foi moi alta.

División de Honra Cadete, xornada 3

Dumbría - Bora (1-0)

  • Dumbría: Juan Berdullas; Esteban (Brais Rey, m.75), Josiño, Luís Mayán, Erre (Juan Álvarez, m.60); Fabio, Carlos, Adrián, Martín (Fran Moreira, m.70), Mario ( Brais Tajes, m.54) e Brandón.
  • Gol: 1-0, m.67: Brais Tajes, recolle un pase atrás de Carlos, pola dereita, e desde unha posición escorada marca de potente dereitazo
Primeira vitoria deste Dumbría cadete, que cada semana da pasiños cara adiante. Vitoria con merecemento diante do Bora pontevedrés que se achegou ó Conco con 2 vitorias en 3 partidos de liga. Aínda así os locais afrontaron o choque mandando no partido, saindo a buscar a un rival ben plantado defensivamente, que recurría como medio ofensivo a buscar balóns longos cara os seus e habilidosos puntas. Pouco tardaron Fabio e Carlos con facerse co control no medio do campo, encontrando vías de penetración coa habilidade de Mario e Martín pola dereita. Así chegaron as primeiras escaramuzas costeiras, con finalizacións perigosas de Bandon, Martín e Adrián, aínda que sin acerto. No segundo tempo continuou o dominio local, incrementado coa entrada de Brais Tajes. O de Arou foi o puñal que rasgou o entramado defensivo pontevedrés na última media hora. Mentres o Bora baixaba as súas prestacións físicas, o Dumbría as incrementaba. Da potencia de Carlos, en combinación con Tajes naceu o unico gol do encontro. O camariñán encontrou un bo balón na área visitante e golpeou cunha violencia imparable para o gardaredes visitante. O gol fixo reaccionar ó Bora, e un par de minutos despois, tivo unha clara ocasión que desbaratou o porteiro local Juan Berdullas cunha extraordinaria salida. A presencia de Juan Álvarez na medular dou maior consistencia aos de Huelvis e Cespón, e permitiu máis liberdade ao resto de centrocampistas dumbrieses. Gran vitoria deste cadete do Dumbría, que só tiña que lamentar a escordadura de nocello de Erre, aínda que a evolución parece satisfactoria, e é moi probable que esté listo para a visita o vindeiro domingo a terras viguesas, para enfontarse co Santa Mariña. Por certo, cun horario un tanto intempestivo para un viaxe tan longo, as 11 da mañá.

Crónicas das Ligas Autonómicas

Crónicas da semana

Conversas co Mito

Máis información

Fonte

Comentarios