Martín Varela queda ás portas das Paraolimpiadas

Leva case un ano loitando por chegar, pero parece que Londres 2012 vai quedar demasiado lonxe para o noso cormelán máis internacional. Martín Varela necesitaba gañar e puntuar no II Torneo Internacional Ciudad da Coruña, pero nin o feito de xogar na casa permitiu que o cormelán puidese cantar vitoria. Caeu en semis ante o inglés Jewitt, e o torneo era gañado polo compañeiro na Selección Española Quico Tur.

Deste xeito, o cormelán despídese do seu soño, que era o de representar a Corme, á Costa da Morte, a Galicia e a España nas Paraolimpiadas de London 2012.

Máis torneos

Así e todo, non remta a tempada para Martín, e xa pensa no novo destino: Corea (Seul), Copa do Mundo 2012. Aí si que estará formando parte do equipo masculino, precisamente xunto ao catalán Quico Tur e ao aresán Álvaro Illobre.
Tamén estarán as Lola Ochoa e Elena Jacinto no equipo feminino, nunha expedición que capitanean Lorenzo Hernandez y David Sanz.

Queremos enviarlle dende aquí o noso meirande alento a Martín, un grande da Costa da Morte.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.