Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Martín Varela escada postos na clasificación internacional tralo seu viaxe ás Américas

Martín Varela escada postos na clasificación internacional tralo seu viaxe ás Américas

O cormelán Martín Varela, integrante da Asociación Deportiva Vidú e patrocinado por Apligasa Carpintería de Aluminio e PVC, continúa a súa competición internacional participando na xira suramericana por Brasil, Arxentina e Chile; dentro do circuíto internacional de tenis en cadeira de rodas.
Unha viaxe que lle permite ascender 3 postos no ranking internacional, situándose no nº57, mantendo ademais o 2º posto do ranking nacional.

Tras participar no Open Alpi do Mare, en Cuneo (Italia), o cormelán viaxou a América do Sur. Así, a primeira semana (do 29 ao 31 de marzo) participou no Open Minas en Belo-Horizonte, Brasil. Desde o 5 ata o 8 de abril competeu no Open Arxentina, en Bos Aires. E a terceira semana de estancia en América do Sur terminou a xira americana en Chile, do 12 ao 15 de abril no Open de Chile en Santiago de Chile.

Mellorando

En canto aos torneos, o cormelán experimentou unha gran melloría no seu xogo segundo ían pasando os torneos. Así, pasou de caer derrotado na final de consolación do primeiro cadro no primeiro torneo en Arxentina, a vencer na final de consolación do primeiro cadro en Brasil e finalmente no torneo de Chile alcanzou as semifinais do primeiro cadro tras superar ao brasileiro Rafael Medeiros (nº 39 do mundo) e caer nas semis ante o arxentino Ledesma (nº 23 do mundo) en tres duros sets.

Desta forma, o cormelán xogou dúas finais de consolación do primeiro cadro e alcanzou unhas semifinais do primeiro cadro realizando uns bos partidos.

Vindeira cita

Tras os puntos conseguidos, Martín Varela participará xa esta semana no Open Internacional Emilio Sánchez Vicario en Barcelona e a próxima semana no Open Internacional de Madrid. O cormelán viaxou xa o mércores cara a Barcelona con moitas ganas de poder seguir realizando partidos como os do torneo de Chile e así poder chegar lonxe en ambos os torneos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios