Venres. 29.03.2024
El tiempo

Martín Varela convirte á Selección Galega na Campiona de España de tenis en cadeira de rodas

Martín Varela convirte á Selección Galega na Campiona de España de tenis en cadeira de rodas

O cormelán Martín Varela Dourado (nº 2 do ranking nacional), integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés e patrocinado polo colectivo "Con V de Valarés", Apligasa, Deceuninck e a empresa de Malpica de Bergantiños "Obras Ramón Cotelo", participou e gañou a XI Edición do Campionato de España de Tenis en Cadeira de Rodas por Autonomías, representando a Galicia, celebrado en Santander.

A selección galega conformárona como nº 1 Martín Varela, como nº 2 Álvaro Illobre e como nº 3 Juan Gutiérrez (nº 19, 1968). Estes xogadores conseguen por segunda vez proclamar a Galicia Campioa de España por Autonomías, tras habelo alcanzado tamén no 2008.

Os galegos celebraron ao grande o título conseguido na gran final ante Aragón, final que se disputou na mañá do domingo. En terceiro posto quedou Cataluña ao vencer a País Vasco.

O sistema de xogo son dous partidos individuais e un de dobres en cada eliminatoria. Nos individuais xoga primeiro o nº 2 de cada selección, despois os nº 1 e finalmente os dobres.
Galicia pasou por bye a primeira rolda, ao ser cabeza de serie.
En semifinais enfrontáronse a País Vasco vencendo por 3-0 na eliminatoria.
Polo outro lado do cadro saltou a sorpresa ao non clasificarse para a gran final Cataluña, que notou en exceso a ausencia da súa nº 1 Kiko Tur por lesión.

Finalisima contra Aragón

Na gran final enfrontáronse Galicia e Aragón. O primeiro partido xogárono o galego Illobre ante o aragonés Miguel Tena, onde Illobre venceu comodamente por 6/0 e 6/0. O segundo partido disputárono os número 1 de cada selección, o galego Varela e o aragonés Carlos Pina; no primeiro set Pina soubo adiantarse por 6/4 pero a partir de aí Varela púxose as pilas e venceu os dous seguintes por 6/2 e 6/2. Tamén se xogou o partido de dobres onde Illobre-Gutierrez tamén venceron por un dobre 6/2. Desta forma Galicia gañaba a final por 3-0.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios