Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Martín Varela escacha ca risa

Martín Varela escacha ca risa

Mil xeitos hai de gañarse os cartos para poder competir. O cormelán máis internacional, Martín Varela, nº60 do mundo en tenis en cadeira de rodas, precisa un alto presuposto para poder acodir á sçua cita coa historia, nas paraolimpiadas de Londres 2012.

E unha das formas que se prantexaron dende a Asociación Deportiva Vidú, que preside o propio Martín, foi a organización dunha tarde-noite de monólogos. Cita que tivo lugar o pasado 26 de novembro no Auditorio de Cabana de Bergantiños, e con rotundo éxito.

O Auditorio quedouse pequeno e colgouse o cartel de "entradas agotadas". E non pararon de rir os case 300 asistentes, antes as bromas dos monologuistas Víctor Grande, Pepo Suevos e Oswaldo Digón... Ademais, de presentador e animador estaba outro mítico da televisión, Daniel Currás.

Noraboa para Martín e agardamos que siga levando o nome de Corme e da Costa da Morte por todo o mundo.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios