Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillón de Zas

Nun ximnasio cheo de mesas e de xogadores non foron moitos os resultados favorables aos intereses dos equipos do club Anorthosis pero pouco a pouco van a máis. Estes foron os resultados de tenis de mesa do fin de semana do 19 e 20 de outubro de 2013:

3ª división nacional grupo norte

  • Anorthosis Vimianzo -San Xoan Xuvenil 0-7 (8-21)
  • Anorthosis Vimianzo - EFEGA Formación SD Ribadeo 4-3 (15-17)
En 3ª nacional o sábado o Anorthosis Vimianzo sufriu unha derrota demasiado abultada en contraste co bo xogo dos da casa ante un equipo moi bo e claro favorito para os primeiros postos da categoría. O domingo conseguía o Anorthosis Vimianzo a súa primeira vitoria nesta nova categoría que se lle vai facer complicada para manter. De ahí a gran importancia desta vitoria ante un dos rivais para ocupar os postos de descenso. Gañouse máis coa cabeza e co corazón que co xogo. A destacar que todos fixeron puntos nun encontro de nervios e deslucido polo trascendental da vitoria, que nada tiñan que ver cos puntos bonitos do día anterior. Todos os puntos do Anorthosis foron por un apretado 3-2.

1ª división galega grupo centro

  • Concello de Zas Aquacenit - Oroso TM Peluquería Tije 5-2 (16-11)
  • Concello de Zas O Gaiteiro - Oroso TM Peluquería Tije 0-7 (1-21)
Máis apretado do previsto a vitoria do Aquacenit conta un equipo xoven pero con moi bos xogadores. Os puntos foron conseguidos por Miguel Rey e Andrés Fagín en individuais e dobres. Chris Roy gañará nos próximos partidos. No outro encontro os de Oroso non encontraron resistencia por parte dos locais nos que solo Martín Pérez foi quen de gañar un set. a nova categoría faise moito de momento pero co paso dos encontros superaran os malos inicios.

2ª división galega grupo centro

  • Concello de Zas O Pinar - Liceo de Noia "D" 2-5 (8-18)
  • Construciones Cernadas - liceo de Noia "D" 0-7 (0-21)
Notouse a falla de entrenamento nos xovenes xogadores de Zas. Esperemos que nun futuro cercano se consigan gañar partidos e así a ilusión e divertimento do sábado aumentará.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.