Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O tenis de mesa costeiro estrea campaña con vitoria

O tenis de mesa costeiro estrea campaña con vitoria
Familia do Concello de Zas Aquacenit e do Concello de Zas O Gaiteiro

Aprazouse o partido do Anorthosis pero a primeira xornada da 1ª Galega saldouse cun intenso derbi entre os dous filiais do cadro soneirán.

1ª Galega

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Concello de Zas O Gaiteiro (6-1) // (18-5)

Primeiro partido oficial da tempada que se salda ca vitoria do equipo de Aquacenit por 6-1. Foi un partido no que se notou a inexperiencia do equipo recién ascendido contra un xa consolidado na categoría.
Comezou o partido co debut de Martin Pérez que desputaba o seu primeiro partido oficial contra Miguel Rey, xogador de Aquacenit , ao que lle puxo as cousas difíciles pero non puido levarse a vitoria (1-3).
Logo veu o turno no que Stevo Lema, xogador de Aquacenit, que venceu a Fran Otero, o xogador con mais experiencia do Concello de Zas “O Gaiteiro”.
O terceiro encontró disputouno Chris Roy (Aquacenit) contra una das promesas locais Andres Bouzas no que o xogador de orixe inglés se impuxo con un xogo a base de bos servicios e unha goma “anti-top” no revés.
Os dobres solventaronse cun 3-0 para Aquacenit. Xogaron por parte do Gaiteiro os irmáns Andres e Gabriel Bouzas contra os locais Chris Roy e Miguel Rey.
Co resultado de 4-0 o equipo visitante deixou destellos de que o obxetivos de salvarse posiblemente se consiga.

Xogaba Fran Otero un gran partido contra Miguel Rey que perdia 1-3 pero no que desenrolou un xogo digno da categoría 1ª División Galega. Logo xogou Chris Roy que gañou 3-0 a outra promesa local como é Gabriel Bouzas. Por último, Andrés Bouzas poñia o 6-1 vencendo a Stevo Lema por un claro 3-0 donde se notaron as boas maneiras de Andrés e que Stevo non puxo gañas de xogar (aduciu problemas de espalda, coma sempre que se perde).

s

Liga 3ª Nacional

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo – SDRC Ribadeo, (aprazado para o 20/10).

Vindeira xornada

Encontros para este fin de semana. Sábado 12 de outubro as 17 horas:

  • 3ª división nacional en Lalí: CTM Lalín - Anorthosis Vimianzo .
  • 1ª división galega en Santiago: Conxo Ponte de Ferro – Concello de Zas Aquacenit.
  • 2ª división galega en Zas (venres as 7 da tarde): Concello de Zas O Pinar – Construcciones Cernadas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios