Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Gran participación dos zaenses nos Provincias de tenis de mesa

Gran participación dos zaenses nos Provincias de tenis de mesa
Equipo de Zas nos Provinciais

Moi bos os resultados dos representantes da comarca no Campionato Provincial de tenis de mesa celebrado o pasado 17 de maio en San Xoán (Ferrol). De 4 equipos desprazados ata Ferrol da Agrupación Deportiva CP de Zas (canteira do Anorthosis Vimianzo), conqueriron dous 3ºs postos (benxamín mixto e infantil femenino), un 4º posto (alevín femenino) e un 5º posto (infantil masculino).

Tendo en conta que participaban 8 equipos en cada categoría e entre eles estaban os representantes dos clubes punteiros de Galicia (Club del Mar, Arteal, Narón, Ferrol...), podemos considerar un grande éxito o acadado polos nosos deportistas, moi ben dirixidos nesta ocasión por Miguel Rey.

Nos equipos competiron:

  • Raúl López e Laura Cernadas en benxamín mixto.
  • Ana García e Marta Costa en alevín femenino.
  • Lorena Castro (benxamín) e Laura Quintáns en infantil femenino.
  • Brais Blanco e Gabriel Bouzas en infantil masculino.

Vindeira proba

O vindeiro sábado 25 de maio e como ven sendo habitual nos últimos anos, vaise a celebrar de novo o torneo de tenis de mesa, V TORNEO PONCIANO NIETO.

Nel participaran xogadores destacados da 1ª e 2ª división galega de varios clubes da provincia, así como todos os xogadores do Anorthosis Vimianzo, que terán a oportunidade de medirse antes os futuros rivais na próxima temporada en 1ª galega e ao mesmo tempo disfrutar do ascenso conquerido recentemente.

Dada a cantidade de xogadores que se inscribiron o torneo disputarase no pavillón municipal de Zas e non no ximnasio como os outros anos. O torneo empezará as 10 da maña cos enfrentamentos por grupos e, logo dun pequeno descanso, iniciar as 12'30 coas eliminatorias e finais.

Cando o torneo remate en sí todos xuntos disfrutarán dunha comida conxuntamente. Entre todos seguro que pasan un día agradable de competición e amizade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios