O Anorthosis tropezou
Nova fin de semana, esta de Antroido, pero a familia do Tenis de mesa soneirá non parou. Non parou pero si tropezou o primeiro equipo. Xa desconfiaban os soneiráns dos Oleiros pois gañaran a un dos seus equipos e cumpliuse que non se pode un confiar con ninguén. Agora, triple empate no alto, con 22 puntos, pero os vimianceses teñen 2 partidos máis xogados que o Narón, e un menos que o Breogán Oleiros.
Polo demais, primeira victoria na casa do Concello de Zas Aquacenit que lle sirve para manter certas esperanzas (poucas) de conseguir a permanencia na 1ª Galega.
3ª División Nacional – Grupo Norte
- Resultado: Anorthosis Vimianzo – Breogán Oleiros “D” 3-3 (12-13).
Tropezo do Anorthosis ante un dos equipos da zona baixa da clasificación, pero as baixas de Miki e Andrés Fagín notáronse moito e foron sustituidos por Brais Blanco que a pesares de xogar moi ben non foi capaz de conseguir gañar ningún partido. A clave para a vitoria estivo no partido entre Roi e José Luis (2-3) e o empate no partido Gonchu-José Luis (3-2) polo cal o resultado pódese considerar xusto vistos os méritos de uns e outros.Moi ben Gonchu gañando os dous partidos, ben Roi facendo o seu punto ante R. Casas, que daba o empate, coa mágoa do seu partido contra José Luis; e Brais, como queda dito, a pesares de xogar moi ben pagou a inexperiencia de xogar en división máis altas. Tempo terá para elo.
1ª División Galega – Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas Aquacenit – Club del Mar Xuvenil 4-2 (13-8)
Moi ben Chris Roy gañando os seus dous partidose sobre todo Jesus Ferreiro que gañou o definitivo partido, que cun pouco máis de confianza gañaria máis. Stevo estivo a súa altura gañando a Juanjo Redondo pero logo non foi capaz de facer o mesmo co rapaz Diego Varela,menos mal que estaban os seus compañeiros para arreglar o asunto. Cando todos puntuan o equipo sintese mellor e con confianza. Esperemos que dure.
Novas relacionadas
Crónicas dsa temporada
- O Anorthosis retoma o camiño do ascenso.
- Un tropezo que non impide soñar co ascenso do Anorthosis.
- O Anorthosis Vimianzo é o novo líder da 3ª Nacional.
- Zas foi o centro do tenis de mesa provincial.
- Dous empates e dous tropezos para a familia do tenis de mesa soneirá.
- O Concello de Zas Aquacénit xa sabe gañar.
- O Anorthosis salva unha mala semana e segue en cabeza.
- Intensa xornada para a familia Anorthosis.
- Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis.
- Xornada baleira para o Anorthosis.
- O Anorthosis, xa líder, leva o tenis de mesa ata Santa Comba.
- O Construcciones Cernadas xa sabe gañar.
- O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria.
- O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo.
- O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos.
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.