mércores. 30.04.2025
El tiempo

Un tropezo que non impide soñar co ascenso do Anorthosis

Un tropezo que non impide soñar co ascenso do Anorthosis
Xogadores do Concello de Zas Aquacenit Jesus Ferreiro Ana Garcia e Stevo

Mala xornada para os equipos da familia Anorthosis. Esperábase máis do primeiro equipo, que volvía cun só punto dos dous partidos disputados en Ferrolterra, pero mantén as opcións de ascenso intactas.

O do Concello de Zas Aquacenit foi un valioso empate, se ben o equipo segue en postos de descenso que non deixará a menos que gañe o vindeiro fin de semana.

Xa na 2ª División Galega, derrotas dos noviños zaenses que seguen en proceso de formación.

3ª División Nacional – Grupo Norte

  • Resultado: Ferroltera TM - Anorthosis Vimianzo (3-3) // (13-12).
  • Resultado: Club Narón T.M - Anorthosis Vimianzo (5-1).
Xornada moi pouco ou nada positiva para o Anorthosis Vimianzo, pois esperabase máis desta dobre visita a terras ferrolás. Co Ferrolterra encontráronse cun Daniel Bellas pletórico e concentrado e non estivo así Miki, este desperdiciou 5 bolas de partido. En Narón nada poideron facer contra un equipo reforzado por Adrián Ferreira que o ano pasado xogou en División de Honor co Club del Mar e que ademáis ten a Efrén Piñeiro, así cos dous 3-0 dos primeiros partidos e vendo a superioridade dos de Narón xa desmoralizou ao equipo soneirán. Pero a liga continúa e só foi un pequeno tropezón nas aspiracións, que seguen intactas, do ascenso.

2ª División Galega – Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Breogán Oleiros "B" (3-3) // (12-11).
Valioso o empate conseguidopolo Concello de Zas Aquacenit pero que é pouco vistos os partidos e as oportunidades que se lle presentaron aos locais. Desta vez Stevo si cumpliu e Roy tivo 3 bolas para ganarlle a Jorge Cal pero noutra ocasión virán a favor. Segue Jesús ferreiro sen collerlle a onda a esta categoría. Así o equipo segue en postos de descenso que non deixará a menos que gañe o vindeiro fin de semana.

2ª División Galega – Grupo Centro

  • Resultado: Concello Zas O Pinar - Arteal Ventanas "B" (2-4)
  • Resultado: Liceo de Noia "E" - Construcciones Cernadas (5-1)
  • Resultado: Liceo de Noia "D" - Construcciones Cernadas (6-0)
Derrotas claras e abultadas dos xovenes xogadores zasences e é que ultimamente non levantan cabeza. Menos mal que os ánimos seguen altos e con ilusión, pero estes aumentarán cos bos resultados. Agora mesmo ocupan os dous últimos postos da clasificación. Seguirán entrenando que ao final terán o resultado.

Vindeira xornada

Este sábado 7 de febreiro:

  • Na Coruña 1ª división galega grupo centro:
    - 16:00 h. Hípica Coruña - Concello de Zas Aquacenit; 18:00 h. SD Hípica - Concello de Zas Aquacenit.
  • En Zas 2ª división galega grupo centro:
    - 16:00 h. Concello de Zas O Pinar - Guisseppe Anthony.
    - 18:00 h. Construcciones Cernadas - Guisseppe Anthony.

Domingo 8 de febreiro as 11:00 h, no ximnasio do CPI de Zas 3ª división nacional: Anorthosis Vimianzo - CTM Ceibe de Monforte.

Novas relacionadas

  • O Anorthosis Vimianzo é o novo líder da 3ª Nacional.
  • Crónicas dsa temporada

    Fonte

    • Nota de prensa de Estevo Lema.

    Comentarios