O Anorthosis Vimianzo é o novo líder da 3ª Nacional
Impresionante o primeiro equipo da familia Anorthosis, que se coloca líder da 3ª Estatal. O resto de resultados non foron tan positivos.
3ª División Nacional – Grupo Norte
- Resultado: Anorthosis Vimianzo - Afer Formación de Rábade 6-0 (18-2)
Vitoria máis fácil do esperado ante o colista do grupo e que non desprazou ao equipo titular. Con esto os soneiráns non tiveron problemas para gañar o encontro con contundencia, pois os partidos non tiveron máis historia que a superioridade dos xogadores locais. Agora e despois do resto do resultados o Anorthosis Vimianzo é o novo lider do grupo. Esperemos que esto continue e se pode ser ata final de temporada.
1ª División Galega – Grupo Centro
- Resultado: AD Dubratambre - Concello de Zas Aquacenit 5-1 (16-7)
Superioridade tamén das xogadoras de Bembibre sobre os zasenses, e foi máis pola arriscada táctica de ir a por todas para gañar e sair escaldado. Así esperaban tanto Chris Roy coma Stevo gañarlle a Olalla e Araceli e Jesús a Eladio, pero non foi desta vez, e eso que Stevo a punto estivo de conseguilo con Olalla (perdeu nun apretado 3-2).
Así o equipo segue en postos de descenso e mentres non consiga un par de vitorias seguidas aí estará.
2ª División Galega – Grupo Centro
- Resultado: Liceo Noia "D" - Concello de Zas O Pinar 6-0 (18-1)
- Resultado: Liceo Noia "E" - Concello de Zas O Pinar 3-3 (11-12)
2ª División Nacional Feminina
- Resultado: Aluminios Xeal - Escola Cidade de Narón (0-3).
- Aluminios Xeal - Club Narón TM (3-0).
Novas relacionadas
Crónicas dsa temporada
- Zas foi o centro do tenis de mesa provincial.
- Dous empates e dous tropezos para a familia do tenis de mesa soneirá.
- O Concello de Zas Aquacénit xa sabe gañar.
- O Anorthosis salva unha mala semana e segue en cabeza.
- Intensa xornada para a familia Anorthosis.
- Nova xornada sen sorte para a familia Anorthosis.
- Xornada baleira para o Anorthosis.
- O Anorthosis, xa líder, leva o tenis de mesa ata Santa Comba.
- O Construcciones Cernadas xa sabe gañar.
- O Anorthosis comezou a tempada cun empate que sabe a vitoria.
- O Anorthosis arrinca a temporada ao grande e expandindo o tenis de mesa por Mazaricos e Vimianzo.
- O Anorthosis segue preparando o inicio de tempada a base de triunfos.
- O Anorthosis presentouse en sociedade de cara á nova campaña.
- O Anorthosis estrea campaña cun gran subcampionato.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.