mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Anorthosis Vimianzo é o novo líder da 3ª Nacional

O Anorthosis Vimianzo é o novo líder da 3ª Nacional
Anorthosis Vimianzo 14-15-Roi-Miguel-Andres e Gonchu

Impresionante o primeiro equipo da familia Anorthosis, que se coloca líder da 3ª Estatal. O resto de resultados non foron tan positivos.

3ª División Nacional – Grupo Norte

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Afer Formación de Rábade 6-0 (18-2)

Vitoria máis fácil do esperado ante o colista do grupo e que non desprazou ao equipo titular. Con esto os soneiráns non tiveron problemas para gañar o encontro con contundencia, pois os partidos non tiveron máis historia que a superioridade dos xogadores locais. Agora e despois do resto do resultados o Anorthosis Vimianzo é o novo lider do grupo. Esperemos que esto continue e se pode ser ata final de temporada.

1ª División Galega – Grupo Centro

  • Resultado: AD Dubratambre - Concello de Zas Aquacenit 5-1 (16-7)

Superioridade tamén das xogadoras de Bembibre sobre os zasenses, e foi máis pola arriscada táctica de ir a por todas para gañar e sair escaldado. Así esperaban tanto Chris Roy coma Stevo gañarlle a Olalla e Araceli e Jesús a Eladio, pero non foi desta vez, e eso que Stevo a punto estivo de conseguilo con Olalla (perdeu nun apretado 3-2).
Así o equipo segue en postos de descenso e mentres non consiga un par de vitorias seguidas aí estará.

2ª División Galega – Grupo Centro

  • Resultado: Liceo Noia "D" - Concello de Zas O Pinar 6-0 (18-1)
  • Resultado: Liceo Noia "E" - Concello de Zas O Pinar 3-3 (11-12)

2ª División Nacional Feminina

  • Resultado: Aluminios Xeal - Escola Cidade de Narón (0-3).
  • Aluminios Xeal - Club Narón TM (3-0).

Novas relacionadas

Crónicas dsa temporada

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios