O Concello de Zas Aquacénit xa sabe gañar

Xornada completa para a familia do Anorthosis con boas novas en xeral. Empatiño do primeiro equipo en Cambre, primeira vitoria do Concello de Zas Aquacenit, empate e derrota dos da 2ª Galega e gran participación das mozas nunha das primeiras concentracións da tempada.

Ademais, Gonchu quedou pola semana 3º no Torneo de Oroso.

3ª División Nacional, Grupo Norte

  • Resultado: Cambre TM - Anorthosis Vimianzo 3-3 (13 - 13)

Encontro moi igualado o que se disputou nas instalacións de Andeiro en Cambre, empatando a partidos (3-3) e a sets (13-13). Xa lle temían os xogadores soneiráns a este desprazamento, donde ningún equipo gañou, i é que os locais teñen a Edgar Prata que de momento e superior aos nosos (dos mellores xogadores do grupo, e so perdeu 2 partidos). Con eso os soneiráns foron concentrados e demostraron a fortaleza do equipo, pois a vitoria estivo moi cerca xa que Roi perdeu 3-2 e cun apretado 11-9 no 5º set.

1ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: CTM Coruña - Concello de Zas Aquacenit 2-4 (11-13)

Primeira vitoria do Concello de Zas Aquacenit e ante un dos equipos cos que se estará pelexando nas prazas de descenso. Esta primeira vitoria coincide tamén co primeiro partido que gaña Jesús Ferreiro en 1ª galega e fixoo no partido decisivo. Stevo cumpriu desta vez e a Chris Roy non lle senta nada ben xogar pola mañá de aí que gañase só un partido.

2ª División Galega, Grupo Centro