O Dumbría Xuvenil perdoa e o acaba pagando

Xa analizamos como quedan as cousas para os 3 equipos costeiros en plena Fase de Ascenso. Malas novas para Dumbría Xuvenil e Cee Infantil, pero boas para o XSC Cadete, que só necesitará superar unha eliminatoria para acadar o ascenso.

Mentres, dumbrieses e ceenses empezan agora unha serie de 3 eliminatorias para conseguir o soño, polo que aínda queda moito camiño por percorrer.

Hoxe, da man de David Castro, analizamos o partido que deixou fóra do camiño máis curto cara a Liga Galega ao Dumbría Xuvenil, despois de ter encarrilado o ascenso coa vitoria ante o Cerceda.

Dumbría - Sta María del Mar (0-1)

  • DUMBRÍA: Iván Bouzi, Roberto, Duarte, Cabana, Jano (Martín, min.79), Yeray (Charli, min.83), Maikel, Adrián Alcaina, Edu, Pablo, Javi (Juan de Dora, min.63).
  • Sta María del Mar: Sergio, Anxo, Orro (Fernando, min.64), Cebral, Kike, Santi Ansede (Ignacio, min.86), Bosco (Santi, min.77), Botas, Ansede, Peña e Jito.
  • Gol: 0-1, min.68: Cebral.

Cumpriuse o dito futbolístico, o cal di que quen perdoa acaba pagando e eso foi o que lle pasou ao equipo que dirixen Diego Lobelos e Óscar Leis.

Ao igual, que no primeiro partido desta fase previa, os dumbrieses saíron, ao terreo de xogo, imprecisos e con moito nerviosismo. Pero a pesar desto, o Dumbría era quen dominaba a posesión e intentaba sorprender ao equipo coruñés con transicións rápidas. Teríamos que esperar un cuarto de hora, para ver a primeira ocasión de gol, logo dunha xogada combinativa trenzada con gran velocidade polos dumbrieses que finalizaría Edu cun remate que se vai fóra. Minutos despois, tras unha xogada individual de Maikel, Javi saca un disparo que envía Sergio a córner. E antes do descanso, Cabana colga unha falta ao área, Sergio erra na saída e Maikel envía arriba con todo ao seu favor cando a familia dumbriesa xa cantaba o gol.

Á volta do tempo de lecer, os visitantes terían dúas ocasións casi consecutivas. Na primeira Jito intenta sorprender a Bouzi cun lanzamento lonxano que se vai a rentes do pau, e logo sería Cebral o que avisaría das súas intencións ao rematar, unha falta colgada por Kike, cun cabezazo que se vai rozando o longueiro. Tras uns minutos de dúbidas, o equipo dumbriés voltaría a coller o mando e tería varias oportunidades para poñerse por diante no marcador. No minuto 57, Yeray pon un balón de luxo á espalda da defensa, que recibe Javi que finaliza a xogada cun disparo que se vai a rentes do pau. Un minuto despois, o propio Javi prántase diante de Sergio e saca un lanzamento que rexeita o porteiro do Sta María del Mar, e na continuación da xogada Duarte saca un disparo que se vai fóra por pouco. Uns minutos máis tarde, Maikel sería de novo protagonista dunha clara ocasión, pero o xogador do Dumbría non é quen de superar a Sergio no man a man. E no minuto 68, chegaría a xogada desgraciada do partido para os dumbrieses, e sería logo dunha falta que colga Kike sobre á área do Dumbría e remata Cebral libre de marca no segundo pau cun gran cabezazo para poñer o 0 a 1 no marcador. Minutos despois, Botas intentou facer o segundo cun potente lanzamento lonxano que atrapa Bouzi en dous tempo.

No treito final, Juan de Dora tería gran protagonismo nas xogadas de perigo do equipo de Leis e Lobelos, primeiro logo dunha gran xogada individual saca o centro e cando se cantaba o gol, Maikel non é quen de conectar o remate. E a dez minutos para o remate do encontro, o propio xogador loureán do Dumbría está a piques de sorprender ao porteiro visitante cun remate acrobático pero Sergio salva in extremis o gol. E finalmente, o partido remataría co 0-1 favorable ao Sta María del Mar e o equipo coruñés tamén vencería aos dumbrieses na tanda de penalti, clasificándose así como primeiro de grupo, o equipo de Óscar Leis e Diego Lobelos sería segundo e o Cerceda terceiro.

O Dumbría enfrontarase finlamente ao Polvorín (Lugo), (despois das idas e vidas das circulares...) na primeira das tres eliminatorias que terá que xogar para acadar o ansiado ascenso á liga galega.

Como apunte final, cabe destacar que os dumbrieses luciron durante o encontro un brazalete ademáis de gardarse un minuto de silencio antes do comezo do partido polo falecemento do avó de Canario.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de David Castro para QPC (info@quepasanacosta.gal).