O Dumbría encarrila o ascenso á Liga Galega Xuvenil
12:55 24/05/14
Encarrila a primeira fase de ascenso este xigante Dumbría tras vencer neste primeiro partido do triangular inicial. E o fixo tras un partido con moito nerviosismo por parte de ambos equipos, pero no que os dumbrieses comezaron moito máis dubitativos que os cercedenses e con certas imprecisións impropias deles, que se decidía no min.92 cun gol de Maikel.
CCD Cerceda - CF Dumbría (0-1)
- CCD Cerceda: Rumbo, Xane, Andrés, Víctor, Miguel Ángel, Gonzalo, Eirís, Pablo Fueyo (Brandon, min.66), Rubén, Abel e Brais.
- CF Dumbría: Iván, Roberto, Duarte, Cabana, Jano, Yeray, Martín (Maikel, min.58), Adrián Alcaina, Marcote (Edu, min.72), Pablo Pardiñas (Canario, min.92), Javi (Charli, min.88).
- Goles: 0-1, min.92: Maikel.
- Expulsións: O míster dumbriés Diego Lobelos, no minuto 77, e o dianteiro Marcote no minuto 88, cando xa estaba no banquillo.
Partido con moito nerviosismo por parte de ambos equipos, pero no que os dumbrieses comezaron moito máis dubitativos que os cercedenses e con certas imprecisións impropias deles.
Comezou avisando o Cerceda, logo dun erro da defensa do Dumbría que a piques está de aproveitar Abel, pero un inconmensurable Iván gáñalle o man a man. Respostaría cinco minutos despois os dumbrieses, pero Marcote non sería quen de definir no man a man con Rumbo. Logo desto, o partido sería dominado polos cercedenses pero estes en ningún momento inquedaron a portería defendida por Iván, na tarde deste venres en Xaviña (Buño). Antes do descanso, o porteiro do Cerceda atrapa sen problemas un frouxo disparo de Marcote, tras recibir un pase á espalda da defensa.
Á volta dos vestiarios, o Cerceda saíu cunha gran presión sobre a defensa dumbriesa durante os primeiros dez minutos desta segunda metade, e aos dous minutos Abel tivo unha dobre ocasión pero o seu primeiro remate queda morto dentro da área pequena tras bater nun xogador do Dumbría e na segunda non é capaz de superar a Iván no man a man. Pero co paso dos minutos, os cercedenses foron baixando fisicamente e o Dumbría foi collendo o mando pouco a pouco. Avisaría Yeray ao rematar unha falta botada por Martín, que atraparía Rumbo sen problemas. As entradas no terreo de xogo, de Maikel e Edu, daríanlle outra cor ao equipo de Diego Lobelos e Óscar Leis, e faríanse co dominio total do encontro. No minuto 77, chegaría a xogada polémica do partido, logo de que Miguel Ángel derrubase ao porteiro do seu equipo cando Javi se dispoñía a facer o primeiro gol da tarde, o colexiado asubiou falta do dianteiro dumbriés ante a incredibilidade dos presentes en Xaviña, e a raíz desto chegaría a expulsión de Diego Lobelos, por decirlle “chocan entre eles”. Seguiría o encontro logo desto, e un minuto despois da polémica do partido, o Dumbría perdonaríalle a vida ao Cerceda cando Maikel primeiro e logo Javi non foran quen de superar a Rumbo, no man a man. A falta de cinco minutos para o final, Pablo Pardiñas estrelaría o esférico no longueiro tras unha xogada individual.
O árbitro buscaría máis protagonismo coa expulsión de Marcote, cando xa se atopaba no banquillo, reclamándolle que fose atender ao seu compañeiro Javi, que estaba tumbado sobre o céspede logo de que este recibise un forte golpe na cabeza, pero o colexiado en lugar de preocuparse polo xogador dumbriés, estaría máis pendente do banco.
E cando ambos equipos, xa contaban co 0 a 0 como resultado final, Maikel despertaría o delirio na familia do Dumbría, tras batir a Rumbo no man a man para poñer o definitivo 0-1, resultado que lle serviría para sumar os primeiros tres puntos nesta fase e para adicarlle esta victoria ao noso compañeiro Jorge Parri, que non está pasando un bo momento.
Na tanda de penaltis para o desempate, os dumbrieses tamén vencería por 4 a 2.
Domingo, o conxunto que dirixen Diego Lobelos e Óscar Leis, enfrontarase ao Sta María del Mar. Con sumar un punto neste encontro, o Dumbría xa sería campión desta fase previa da fase de ascenso á liga galega xuvenil.
Crónicas das Ligas Xuvenís
- Xa temos os cadros das Fases de Promoción ás Ligas Galegas Inf., Cad. e Xuv..
- Copa Xuvenil: O Dumbría gáñao todo.
- Analizando cos protagonistas a Previa da Final da Copa da Costa Xuvenil.
- Copa Xuvenil: O Corme tivo que loitar a finalísima ante un gran Muros e enfrontarase ao potente Dumbría.
- Copa Xuvenil: O Dumbría sentenza a final adiantada mentres Muros e Corme empantan.
- Copa Xuvenil: 3 vitorias visitantes e unha local.
- Copa Xuvenil: Os Cuartos servidos.
- Copa Xuvenil: Moita igualdade nuns Oitavos que se deciden o xoves.
- X.10: Ca cabeza na Copa.
- X.9: O Dumbría proclámase campión de campións.
- X.8: O Castriz queda fóra dos Oitavos da Copa e Esteirana e Dumbría esperan o duelo.
- X.7: Dumbría e Esteirana buscarán o ascenso á Liga Galega.
- X.6: O peixe case vendido.
- X.5: A Esteirana súmase ao barco do Dumbría.
- X.4: O Dumbría queda só pero os resultados favorecen á Esteirana.
- X.3: Dumbría e Esteirana escapan cando arrinca a Copa.
- X.2: O Dumbría bate na mesa e a Esteirana segue o ritmo.
- David Castro analiza a Previa da Fase de Ascenso Xuvenil cos protagonistas.
- Os Xuvenís xa teñen grupos para a segunda fase da Liga e a Previa da Copa.
- X.22: Xuvenís: Sen sorpresas cara a segunda fase.
- X.21: Xuvenís: Todo listo no Sur e moito por decidir no Norte para a última xornada.
- X.20: O Dumbría campión e 3 das 6 prazas cubertas.
- X.19: Todo encarrilado a falta de 3 xornadas.
- X.18: As cousas claras, pero non tanto.
- X.17: Descanso de Nadal para algúns.
- X.16: Escapan os 3 de arriba.
- X.15: Perfílanse as 3 primeiras prazas de cada grupo.
- X.14: O Cabana freou ao Malpica.
- X.13: Xornada cos despachos como protagonistas.
- X.12: Xuvenís: O Malpica dá un paso adiante no Norte e Esteirana e Cee no Sur.
- X.11: Dúas loitas abertas no ecuador.
- X.10: Novo cambio de líder na igualada Liga Norte.
- X.9: Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte.
- X.8: O Malpica dá un paso adiante tirando de efectividade.
- X.7: O Dumbría manda no Sur e a igualdade no norte.
- X.6: Facéndose ao cambio xeracional.
- X.5: O Dumbría arrasa polo Sur mentres no Norte volven cambiar de líder.
- X.4: Nin a calor pode con eles.
- X.3: Con medo a descolgarse.
- X.2: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Os Infantís, que triufan nas Comarcais de FS, xa teñen finalísima da Copa da Costa.
- O Sofán xa ten rivais para a Fase de Ascenso á 1ª.
- A gran festa do ascenso do Seaia viviuse en autobús.
- 2ª Autonómica: O Volantes mira cara 3ª.
- 1ª Autonómica: A Esteirana adica á permancia aos seus capitáns.
- Preferente: O XSC ten pé e medio na 1ª Autonómica.
- Promoción 3ª: Os penaltis dan o pase ao Seaia fronte a un gran Ameixenda.
- Resultados e crónica dunha xornada de ascensos, descensos e finais do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Juan de Dora: “Diego Lobelos e Óscar Leis son coma dous irmáns.
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de David Castro, de O Fútbol unha pasión (davidcastro@quepasanacosta.gal).