Os cadetes do ACB non pode co Frutas Esther

Tras eliminar nos cuartos de final a Cambre, tocoulle os rapaces de Cee enfrentarse nas semifinais cun equipo xa coñecido da primeira fase da liga. E o equipo de Cee, que xogaba con tan só tres cadetes e 4 infantís, apenas puido plantar cara a todo un Frutas Esther de Santiago.

Cadete Masculino, Ida das Semifinais da Copa

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE – FRUTAS ESTHER SANTiAGO (37 - 105).
  • Parciais: (7-23; 17-23; 5-30; 8-29) (Acumulado: 7-23; 24-46; 29-76; 37-105)
  • ACB COSTA DA MORTE: Santi, 4 ptos (1 tripla); Cristian Marcote, 4 ptos; Pedro, 21 ptos (1 tripla); Luciano, 2 ptos; Carlos, 2 ptos – quinteto inicial – Iván, 0 ptos; Christian Vázquez, 4 ptos.
  • Eliminado por faltas: Cristian Marcote.

Pouco podían facer os rapaces de Cee ante un equipo que acudía con 9 xogadores e que a base de cambios mantiñan un ritmo moi alto, tanto en ataque como en defensa.

A pesar da derrota, destacar a actitude dos xogadores do Acb Costa da Morte, e de maneira especial os infantís, que non se amilanaron ante xogadores dunha categoría superior.

A próxima fin de semana toca devolver visita ao equipo coruñés, nunha eliminatoria que está imposible de levantar.

Máis información

Crónicas anteriores

Fonte

  • Nota de prensa do ACB Costa da Morte.