As Sénior do ES Bazarra marcan a liña a seguir na familia ACB



Noxa fin de semana de baloncesto para a familia ACB, con cousas positivas e negativas. As boas, coma sempre, da man das maiores, que volvían gañar, e de paliza.
Pola súa banda, os Sénior disputaban o último partido de liga no que o equipo de Cee quería despedirse da súa afección cunha vitoria que finalmente non puido ser.
2ª División Sénior Feminina, 19ª Xornada
- Resultado: E.S. BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE - ADFRO (73-9).
- Parciais: 25-0; 14-2; 16 - 3; 18-4 (Acumulado: 25-0; 39-2; 55-5; 73-9)
- E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Goretti, 0 ptos; Fani, 13 ptos; Sandra, 24 ptos; Esther, 9 ptos; Yaiza, 10 ptos – quinteto inicial –Lidia, 2 ptos; Melissa, 9 ptos; Iria, 6 ptos.
Partido no que as de Cee tiñan que sacar máis de 10 puntos para gañar o basquetaverage as coruñesas de Adfro, e que xa no 1º cuarto estaba amplamente superado. O resto do encontro non tivo mais historia, cunha defensa que baixou un pouco o seu nivel, pero dada a vantaxe que levaban no marcador podían permitilo.
3ª División Sénior Masculina, 18ª Xornada
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE - SANTA BAIA (50-60).
- Parciais: 8-11; 18-16; 14-20; 10-13 (Acumulado: 8-11; 26-27; 40-47; 50-60)
- ACB COSTA DA MORTE: Iván, 11 ptos; Deril, 16 ptos; Fabián, 2 ptos; Manuel, 0 ptos; Tinín, 6 ptos – quinteto inicial - Andrés, 2 ptos; José, 13 ptos (1 tripla); Sergio, 0 ptos.
Partido no que os de casa empezaron ben ata o descanso, pero que no inicio do 3º cuarto atascaronse ante a defensa 1-3-1 que plantexou o equipo de Boiro. O equipo visitante soubo manexar a diferencia a seu favor ata o final do encontro e non dando opción ó equipo de casa a acercarse no marcador.
2ª División Cadete Masculino, 2ª Fase- 4ª Xornada
- Resultado: BASQUET CORUÑA - ACB COSTA DA MORTE (47-77)
- Parciais: 7-16; 16-18; 10-19; 14-24) (Acumulado: 7-16; 23-34; 33-53; 47-77)
- ACB COSTA DA MORTE: Pedro, 28 ptos; Cristian Marcote, 12 ptos; Santi, 14 ptos (1 tripla); Nando, 11 ptos; Adrián, 12 ptos – quinteto inicial – Christian Vázquez, 0 ptos; Luciano, 0 ptos.
Partido que de inicio o equipo de Cee manexaba sin problemas, manténdose sempre por diante no marcador. No inicio do 3º cuarto o equipo coruñés achegouse no marcador a tan só dous ptos, co que o partido púñase difícil para os de Cee, pero conseguían distanciarse novamente ata unha diferencia de 10 ptos. No último cuarto, cunha defensa de anticipación e con contraataques, os rapaces de Cee romperon definitivamente o encontro.
2ª División Cadete Feminino, 2ª Fase- 3ª Xornada
- ABACO ACB COSTA DA MORTE – SANTA MARIA DEL MAR: Partido aprazado.
2ª División Infantil Feminino - 14ª xornada
- Resultado: INFERNIÑO - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (79-18).
Derrota para as infantís de Cee.
Máis información
Crónicas anteriores
- As infantís do ACB xa saben gañar.
- As Sénior do ES Bazarra seguen sumando vitorias.
- Os tiros libres condenan aos equipos do ACB Costa da Morte.
- As mulleres manteñen a senda da vitoria para o ACB.
- As cadetes do ACB manteñen a boa liña e os Sénior case dan a sorpresa.
- As Sénior do ES Bazarra manteñen o pulso do ACB Costa da Morte.
- As maiores do ACB seguen en marcha.
- Nova xornada para os pequenos do ACB Costa da Morte.
- As cadetes salvan a fin de semana da familia ACB Costa da Morte.
- Fin de semana completa para a familia ACB.
- 3 derrotas e 2 vitorias foron o balance do ACB na fin de semana.
- Xornada para esquecer da familia ACB Costa da Morte.
- Comeza un ano completo de baloncesto para o ACB Costa da Morte.
- As infantís do ACB xa son campionas intercomarcais.
Fonte
- Nota de prensa do ACB Costa da Morte.