mércores. 30.04.2025
El tiempo

As infantís do ACB xa saben gañar

As infantís do ACB xa saben gañar
ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

3ª xornada desta fase, e terceira vitoria para o equipo cadete nasculino de Cee. Partido igualado solventado polos costeiros con calidade.

Por fin chegou a primeira vitoria para as rapazas infantís.

2ª División Sénior Feminina, 18ª Xornada

  • Resultado: SARRIA - E.S. BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE (49-37).
  • Parciais: 18-9; 10-8; 8-8; 13-12 (Acumulado: 18-9; 28-17; 36-25; 49-37)
  • E.S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE: Melissa, 7 ptos; Fani, 14 ptos; Sandra, 5 ptos; Esther, 9 ptos; Andrea, 2 ptos – quinteto inicial – Yaiza, 0 ptos; Lidia, 0 ptos; Goretti, 0 ptos; Iria, 0 ptos.

Un mal primeiro cuarto permitiu que o equipo lucense tomara unha diferencia que soubo manexar no resto do partido, mantendo nalgún momento diferencias que rondaron os 20 puntos.

No último cuarto, a falta de 4 minutos a diferencia era de 8 puntos, e parecía que podía chegar a remontada, pero as de Sarria controlaron a situación, non dando opción a que as da Costa da Morte alcanzaran o seu obxectivo.

3ª División Sénior Masculina, 17ª Xornada

  • Resultado: CONXO DE COCIDO - ACB COSTA DA MORTE: (55-44)

Choque disputado este martes 12 na pista de Conxo do que os costeiros, con moitas baixas, non puideron traer nada positivo.

2ª División Cadete Feminino, 2ª Fase- 3ª Xornada

  • Resultado: BASQUET CORUÑA MARISTAS B - ABACO ACB COSTA DA MORTE (30-58).

Partido resolto fácilmente polas rapazas de Cee.

2ª División Cadete Masculino, 2ª Fase- 3ª Xornada

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - CALASANZ (49-44).

3ª xornada desta fase, e terceira vitoria para o equipo de Cee. Partido igualado solventado polos costeiros con calidade.

2ª División Infantil Feminino - 13ª xornada

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE – ELINCO NARON (39-36).

Por fin chegou a primeira vitoria para as rapazas infantís.

2ª División Infantil Masculino

Á espera de comezar nova fase.

Minibasket Alevín Feminino

  • Resultado: COMPAÑÍA DE MARIA – FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (40-18).

As nosas rapazas con ta so 5 xogadoras defenderon como unas autenticas luchadoras durante todo o partido, pero como non podía ser de outra maneira o cansancio fixo mella nelas e acabaron rendidas e perdendo o partido.

Minibasket Alevín Masculino

  • Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE – VALES VILLAMARIN (48-47).

Os nosos pequenos acabaron a liguilla regular cunha nova vitoria, que os mantén na quinta posición e acabando moi ben situados na clasificación ,pero sin poder optar a promoción de ascenso, que quedara para o ano que ben, pois o futuro temolo asegurado.


Máis información

Crónicas anteriores

Fonte

  • Nota de prensa do ACB Costa da Morte.

Comentarios