Os cadetes do ACB pasan ronda na prórroga

Segue o baloncesto en marcha en Cee tralo triste descenso dos sénior da semana pasada. Esta pasada fin de semana os protagonistas foron os cadetes, que pasaron de rolda da Copa tras unha complicada prórroga en Cambre.

2ª División Cadete Masculino, Volta da Copa

  • Resultado: CAMBRE - ACB COSTA DA MORTE (55-55).
  • Parciais: (17-14; 10-11; 12-20; 12-2; 6-8) (Acumulado: 17-14; 27-25; 39-45; 49-47; 55-55)
  • ACB COSTA DA MORTE: Santi, 9 ptos; Cristian Marcote, 4 ptos; Pedro, 21 ptos (2 triplas); Nando, 2 ptos; Adrián, 16 ptos – quinteto inicial - Luciano, 3 ptos; Carlos, 0 ptos.
  • Eliminado por faltas: Nando.

Partido no que os rapaces de Cee tiñan que defender unha ventaxa de tan só dous puntos do partida de ida, e acudían con tan só catro cadetes e tres infantís.
Os de Cambre saían cunha defensa individual moi asfixiante no primeiro cuarto, tratando de irse pronto no marcador para gañar a eliminatoria, pero con calma, os rapaces de Cee mantiñan a desventaxa por debaixo dos dez puntos, e chegaban con tan só 3 puntos abaixo o final de ese periodo. No segundo cuarto as diferenzas mantiñanse para chegar o descanso co marcador igualado na eliminatoria: 2 puntos abaixo os de Cee.

Tralo descanso, un tercer cuarto moi bo dos visitantes permitialles tomarse un respiro e chegar o inicio do último cuarto con 6 puntos arriba. Pero tiña que aparecer o cuarto “tonto” para os de Cee, e foi no último cuarto, onde tan só foron capaces de anotar unha canastra. No último minuto Cambre chega con 2 puntos arriba e máxima tensión: os de Cee estaban sen cambios, por estar eliminado Nando e Adrián lesionado cun esguince; os últimos 24 segundos viñeron marcados polos fallos dos dous equipos en ataque, tendo opción os dous de sentenciar o partido o seu favor pero o marcador permaneceu igual ata o pitido final: 49 -47, eliminatoria empatada e a xogar unha prorroga de 5 minutos.

Neste tempo extra os de Cee souperon manter a calma e xogar co marcador para rematar empatando 55 – 55, marcador co que gañaban a eliminatoria e pasan a semifinais onde se van a enfrentar o Frutas Esther Sant-Yago

Amistosos das Cadete e Sénior feminino

Os equipos cadete e senior feminino acudiron a xogar un partido amistoso a Laracha, equipo que con estes partidos daba por rematada a tempada.
As nosas rapazas levaronse o triunfo nos seus respectivos partidos. Algunhas das cadetes doblaron partido, ante a falta de efectivos do equipo senior, sin que notaran demasiado o cambio de categoría e facendo un moi bo partido, axudando as senior na sua vitoria.
Esta é a ficha das sénior:

  • Resultado: LARACHA - ACB COSTA DA MORTE-ES BAZARRA (33-50).
  • ACB COSTA DA MORTE: Lidia, Iria, Andrea, Esther, Sandra – quinteto inicial – Goretti, Lorena (cadete), Iria (cadete), María (cadete), Yoli (cadete).

Infantil Feminino, Volta os 1/4 da Copa Primavera

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE – MARISTAS CHAMPAGNATI (25 - 35).
  • Parciais: (13-6; 6-11; 0-12; 6-6) (Acumulado: 13-6; 19-17; 19-29; 25-35)
  • FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Carmen María, 0 ptos; María, 0 ptos; Fátima, 4 ptos; Andrea, 10 ptos; Lucía, 9 ptos – quinteto inicial – Elena, 0 ptos; Cintia, 2 ptos; Ainoa, 0 ptos; Mar, 0 ptos.

Partido no que as rapazas de Cee tiñan que remontar 17 puntos, pero finalmente non foi posible, quedando apeadas da copa.

Minibasket Feminino, 3ª xornada da Copa Primavera

  • Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE – ARTAI (12-62).

Último partido da liguilla e derrota clara das peques do Acb Costa da Morte.


Máis información

Crónicas anteriores

Fonte

  • Nota de prensa do ACB Costa da Morte.