Os equipos de tenis de mesa do Anorthosis mediron as súas forzas

A pasada fin de semana empezou a Liga de Tenis de Mesa, con 2 equipos costeiros na 2ª División Galega. Os dous equipos do clube A. D. Anorthosis Vimianzo, o propio Anorthosis e o Angepón (este recén ascendido), enfrontáronse na primeira xornada, cunha clara vitoria para o equipo máis veterano.

Anorthosis Vimianzo - Concello de Zas Angepon (6-1)

Os resultados parciais foron:

  • Roi Martínez - Chris Roy (3-1).
  • Marcelino Tuñez - Angel García (3-0).
  • Miguel Rey - Gonzalo Martínez (1-3).
  • Dobres: Marce e Miguel - Gonchi e Chris (3-2).
  • Roi Martínez - Angel García (3-1).
  • Miguel Rey - Chris Roy (3-0).
  • Marcelino Tuñez - Gonchi (3-2).

O 1º equipo demostrou a súa superioridade sobre o Concello de Zas Angepon a pesares de que antes de comezar había inquedanza por ambas partes. Con todo os partidos foron máis igualados do que mostra o marcador final.
Iso si, a convivencia mantívose intacta e tralos partidos foron todos xuntos a tomar unhas pizzas para recuperar forzas, comentar o encontro e confraternizar aínda máis, pois a pesares de xogar en equipos diferentes forman unha boa piña.

Vindeira cita

Para este domingo xogamos no ximnasio do CPI de Zas a partires das 11:00h da mañá:

  • Anorthosis Vimianzo - Dubratambre 2.
  • Concello de Zas Angepon - IES Virxe do Mar (Noia)

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.