Martes. 23.04.2024
El tiempo

O tenis de mesa afiánzase como unha referencia na comarca de Soneira

O tenis de mesa afiánzase como unha referencia na comarca de Soneira
Tremendo o traballo que está a realizar a familia Anorthosis, facendo do tenis de mesa un deporte referencial na comarca de Soneira. Este pasado venres realizaban unha concentración con todos os cativos das escolas, e podemos ver aos integrantes dos equipos da Agrupación Deportiva C.P. de Zas, e aos máis de 60 nenos que participaron nestes últimos meses.

Resultados da fin de semana

Tamén houbo xornada dos equipos da Costa. E moi bo resultado o colleitado polo Anorthosis nun partido moi igualado pero que se empezou perdendo 2-0. Logo pouco a pouco e loitando todolos puntos ao máximo conseguiuse esa vitoria que da moita moral de cara a segunda volta que comeza o vindeiro sábado. Polo outro lado, tívoo fácil o Angepón ante o Adeco-Dea, e só cedeu un set no último partido.

2ª Galega

  • Resultado: ANORTHOSIS VIMIANZO, 5 - ANDEIRO, 2 (17 - 10)

3ª 3ª Galega

  • Resultado: ANGEPON, 6 - ADECO-DEA, 1 (18 - 8)

Vindeiros encontros

  • Sábado 21 xaneiro ás 17:00h en Zas: ANORTHOSIS VIMIANZO - DUBRATAMBRE 2.
  • En San Lázaro (Santiago): ARTEAL VENTANAS C - ANGEPON.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Anorthosis Vimianzo da man de Estevo Lema.

Comentarios