Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Doble sesión de tenis de mesa costeiro en Corme e Oroso

Doble sesión de tenis de mesa costeiro en Corme e Oroso

Doble sesión de tenis mesa para os nosos representantes. Por unha banda, Corme acollía unha tarde de exhición, e pola outra os máis pequenos do Anorthosis participaron no Campionato Galego en Oroso.

Campionato Galego

O pasado domingo celebrouse en Sigüeiro (Oroso) o Campionato Galego infantil e pre-benxamín no que participaron Andrés Bouzas (infantil) e Lorena Castro (pre-benxamín). Os dous pertencen ao clube Anorthosis e son naturais de Zas.

Se ben o importante a estas alturas é participar, os resultados non foron malos. Andrés non pasou a fase de grupos pero Lorena acadou o 3º posto na súa categoría, como vemos na foto. Importante a participación de Lorena, pois é a única rapaza coa que conta o clube vimiancés, dende onde agardan que se sigan sumando mozas.

Exhibición en Corme

O venres pasado e dentro do programa de clausura das actividades deportivas do Concello de Ponteceso, o Anorthosis foi invitado para dar unha pequena demostración de como se xoga ao tenis de mesa. Nela participaron Lorena (7 anos), Laura (10 anos), Gonzalo Martínez "Gonchi" (16 anos), Andrés Fagín do Dubratambre (26 anos) e Stevo (54 anos).

Como se pode apreciar variedade de idades e como demostración de que se pode xogar a calquer idade. Como tiña que ser as estrelas foron as nenas e non o ben que xogaban o resto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Anorthosis Vimianzo da man de Estevo Lema.

Comentarios