Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Angepón consegue o ascenso á 2ª Galega

O Angepón consegue o ascenso á 2ª Galega

Boa fin de semana para a familia do tenis de mesa na comarca de Soneira. I é que o filial do Anorthosis vimiancés, o Angepón, acadou o ascenso á 2ª Galega. E o fai como mellor 2º clasificado dos 4 grupos da 3ª División Galega.

Así o ano que vén, Anorthosis e Angepón compartirán categoría, unha vez que os primeiros mantiveron a categoría tras quedar na 6 posición.

Iso si, o clube quere darlle as gracias ao patrocinador Ponciano Nieto, sen o que sería imposible seguir competindo. Así, os xogadores xa preparan a cea de final de temporada para celebrar os éxitos conqueridos.

2ª Galega

  • Resultado: Andeiro, 4 - Anorthosis Vimianzo, 3 (17-12)

Encontro entretido que non se resolveu ata o último partido. Sen trascendencia de cara a clasificación pois os dous equipos xa tiñan o seu posto inamovible, Andeiro de 4º e o Anorthosis de 6º.

3ª división galega

  • Resultado: Adeco dea TM, 2 - Angepon, 5 (7-17)

Encontro con moi pouca historia pois a superioridade dos xogadores do Angepón xa se manifestou nos dous primeiros partidos. Agora, como nos conta o propio Stevo Lema, responsable do clube, "toca entrenar para dar un bo nivel na nova división".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Anorthosis Vimianzo da man de Estevo Lema.

Comentarios