Os séniors do ACB dan un gran paso para a permanencia
Gran semana para a familia do ACB Costa da Morte. Pleno de vitorias tanto en liga como en Copa. Destacando a dos sénior. Os da Costa da Morte necesitaban esta vitoria para depender de si mesmos para lograr a salvación, que terán que confirmar no último partido que xogarán contra o Liceo Casino de Vilagarcía o próximo fin de semana.
3ª División Sénior Masculina, Liga Descenso- 5ª xornada
- Resultado: FONTIÑAS - ACB COSTA DA MORTE (41-50).
- Parciais: (11-14; 7-10; 14-14; 9-12) (Acumulado: 11-14; 18-24; 32-38; 41-50)
- ACB COSTA DA MORTE: Iván, 6 ptos; Deril, 9 ptos(1 tripla); Sergio, 6 ptos (1 tripla); Manuel,7 ptos; Tinín, 8 ptos – quinteto inicial - ; José, 0 ptos; Fabián, 10 ptos; Andrés, 2 ptos.
Partido moi serio o que xogou o equipo de Cee no seu desprazamento a Compostela. Dende o inicio o equipo estivo moi concentrado, indo sempre por diante no marcador, chegando a ter diferencias de ata dez puntos nalgún momento do partido, non permitindo que o equipo de Santiago chegara a acercarse no electrónico. Faltando dous minutos para o remate do encontro o equipo de Cee xa veía que tiña gañado o partido.
Cadete Feminino, Copa, Volta
- Resultado: ABACO ACB COSTA DA MORTE – COMPAÑÍA DE MARIA A (52-40)
- Parciais: (10-6; 14-9; 15 -12; 13 -13) (Acumulado: 10-6; 24 -15; 39-27; 52-40)
- ABACO ACB COSTA DA MORTE: Lorena, 31 ptos (1 tripla); María, 2 ptos; Yoli, 6 ptos; Uxía, 0 ptos; Carla, 11 ptos – quinteto inicial - Vivi, 0 ptos; Lara, 0 ptos; Iria, 0 ptos; Laura, 2 ptos.
- Eliminadas por faltas: Lorena e María.
Partido no que as rapazas de Cee tiñan que remontar 24 puntos para poder seguir na competición copera. Finalmente non foi posible, xa que tan só conseguiron recortar 10 puntos. Tras este partido rematan a competición oficial.
Cadete Masculino, Copa, Ida
- Resultado: ACB COSTA DA MORTE – CAMBRE (58-56).
- Parciais: (21-9; 10-14; 17-13; 10-20) (Acumulado: 21-9; 31-23; 48-33; 58-56)
- ACB COSTA DA MORTE: Santi, 2 ptos; Cristian Marcote, 6 ptos; Pedro, 24 ptos (1 tripla); Nando, 8 ptos; Felipe, 14 ptos – quinteto inicial - Luciano, 2 ptos; Adrián, 4 ptos; Iván, 2 ptos; Anxo, 0 ptos.
Partido no que de inicio as cousas saían rodadas os rapaces de Cee, pero que co cambio a zona dos de Cambre tiveron máis problemas no ataque. Na segunda parte, cos cambios e a presión máis forte dos visitantes, o marcador foise apretando, ata chegar a ese marcador final que deixa aberta a eliminatoria, e que obriga os de Cee a gañar o partido de volta para continuar nesta competición.
Infantil Feminina, Copa Primavera, 1/8 Final
As infantís xogaron a ida o sábado e a volta o domingo.
- Resultado IDA: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - ARTAI (34-20).
- Parciais: (8-7; 12-4; 8-3; 6-6) (Acumulado: 8-7; 20-11; 28-14; 34-20)
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Carmen María, 0 ptos; María, 6 ptos; Fátima, 2 ptos; Andrea, 4 ptos; Lucía, 20 ptos – quinteto inicial – Lorena, 0 ptos; Cintia, 2 ptos; Ainoa, 0 ptos; Mar, 0 ptos.
Partido que o resultado veu dado no 2º cuarto, cun maior acerto no tiro das rapazas de Pais. Tralo descanso mantiveronse as diferencias ata o final.
As rapazas de Cee viaxbaan cunha ventaxa, para o partido de volta, de 14 puntos que terían que defender si queren pasar a cuartos na competición de copa.
- Resultado VOLTA: ARTAI – FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (38-40).
- Parciais: (10-4; 3-12; 12-16; 13- 8) (Acumulado: 10-4; 13-16; 25-32; 38 -40)
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: María, 11 ptos; Carmen María, 0 ptos; Fátima, 8 ptos; Andrea, 2 ptos – equipo inicial - Lorena, 0 ptos; Cintia, 3 ptos; Souto, 0 ptos.
Partido no que as rapazas de Cee defendían unha ventaxa de 12 puntos, pero non foi necesario xogar con esa diferenza, xa que foron capaces de gañar o partido de volta, gañando o global da eliminatoria por 14 puntos.
A próxima eliminatoria será contra Maristas Champagnat.
Minibasket Masculino, Copa Primavera, 1ª Xornada
- Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE – ARTAI “B” (65-34).
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Jorge García, Carlos Insua, Fran, Lois, Aitor – quinteto inicial - Carlos Pais.
Vitoria fácil para o equipo dos alevíns masculino.