Previa da fin de semana deportiva na Costa

Tras facer un completo repaso aos últimos movementos no fútbol da Costa e tras votar polo teuoncedacosta, facemos o repaso á previa desta fin de semana de 9 e 10 de xuño de 2012. Fin de semana que vén marcada por unhas semifinais de Copa case sentenciadas, e polas Fases de Ascenso. Así, o sábado saberemos se o Dumbría é finalmente o finalista tralo 1-4 da ida ante o Corme. O para o domingo poderemos ver o último derbi xalleiro da historia, se a fusión chega a bo porto. Ademais o Malpica terá o ascenso nas mans o domingo en Brión. E del dependerán os Cabana e Cerqueda, que se xogarán o propio domingo, xa ás 20:45h para o posible ascenso, nas Redondas, un partido que vale un ascenso. Así e todo, a fusión dos equipos xalleiros, e a hipotética non participación do Santiago na Preferente, poden provocar que o Malpica suba seguro. O caso é que non saberemos nada fixo ata a Asemblea que se celebrará, probablemente, o 27 de xuño na Federación. Nas Fases de Ascenso do fútbol base só quedan os equipos cadetes e infantís do Dumbría, que están preto da Liga Galega. En cadetes, o Cordeiro CF comunicou que renuncia á continuación do partido de volta da 1ª eliminatoria da Fase de Ascenso Cadete, que tivo ser suspendido por un tremendo golpe do dumbriés Fabián na cabeza. O dumbriés, tras pasar polo Hospital, xa está totalmente recuperado. Así o Dumbría pensa xa na eliminatoria final ante o Sporting Estrada. Pola súa banda, os infantís teñen todo de cara para pasar a seguinte rolda tras encarrilar o pase nestas semifinais ante o Xuventú Aguiño. Ademais haberá Ruta BTT por Mazaricos e cita clave para o Fisober en Vimianzo. Pero antes repasamos os partidos da fin de semana.

Copa da Costa, Volta das Semis

1-4 Corme - Dumbría 0-2
0-4 Xallas - Santa Comba Dom. 20:00h

Promoción de Ascenso á 1ª Autonómica

  • Brión - Malpica: 0-2

Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica

2-1 Cerqueda - Cabana Dom. 20:45h

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Cuartos

Fase de Ascenso á Liga Galega

Cadete:
Dom. 11:30 Estrada - Dumbría -
Infantil:
3-5 Xuventú Aguiño - Dumbría 1-8

Reunión importante en Baio

Recordamos ademais que o vindeiro martes 12 de xuño a Federación convoca aos clubes da Costa para unha nova reunión en Baio para preparar o plenillo da FGD, que se celebra a final de mes, seguramente o 27 de xuño. E polo visto, as propostas son ben interesantes, e abordaránse os seguintes temas:
  • PROPOSTA DO CORME CF para a vindeira temporada. ASCENSO A NOVA 1ª AUTONÓMICA: O Corme prantexa que non todos os equipos que ascendan vaian a zona de Santiago, unha das causas polas que o cadro azulón rexeitou o ascenso esta tempada.
  • COPA DA COSTA 2013: Proporase xogar ao rematar a temporada de liga. E á final a un só partido. Por fin unha proposta con xeito sobre o barro de competicións.
  • LIGA DE XUVENIS. Un só grupo na Liga e volver o formato anterior de Copa, onde participen todos.
  • FUTBOL BASE. volver o sistema anterior de competición.
  • GALA DO FUTBOL DA COSTA, que se celebrará o 30 deste mes de xuño en Muros e para o que xa hai candidatos dos premios.

Ruta BTT por Mazaricos

Este o domingo 10 de xuño, II Ruta BTT de Mazaricos.

Semifinal de Copa para o Fisober

  • Volta das Semifinais da Copa Autonómica: Fisober vs Funeraria Apostol: Sábado 9 de xuño ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Vimianzo.
Unha vitoria ou un empate a menos de 4 goles certificarían o pase do equipo vimiancés. O partido preséntase moi igualado, con dous equipos moi similares e no que os enfrontamentos directos esta tempada saldáronse con duas vitorias pola mínima do Fisober e un empate a 4 goles no partido de ida. Os adestradores locales contaran ca totalidade da plantilla a excepción de Elsa que se lesionou no derradeiro partido de Liga.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).