Tras facer un completo
repaso aos últimos movementos no fútbol da Costa e tras
votar polo teuoncedacosta, facemos o repaso á previa desta fin de semana de 9 e 10 de xuño de 2012. Fin de semana que vén marcada por unhas semifinais de Copa case sentenciadas, e polas Fases de Ascenso.
Así, o sábado saberemos se o Dumbría é finalmente o finalista tralo 1-4 da ida ante o Corme. O para o domingo poderemos ver
o último derbi xalleiro da historia, se a fusión chega a bo porto.
Ademais
o Malpica terá o ascenso nas mans o domingo en Brión. E del dependerán os Cabana e Cerqueda, que se xogarán o propio domingo, xa ás 20:45h para o posible ascenso, nas Redondas, un partido que vale un ascenso.
Así e todo, a fusión dos equipos xalleiros, e a hipotética non participación do Santiago na Preferente, poden provocar que o Malpica suba seguro. O caso é que non saberemos nada fixo ata a Asemblea que se celebrará, probablemente, o 27 de xuño na Federación.
Nas
Fases de Ascenso do fútbol base só quedan os equipos cadetes e infantís do Dumbría, que están preto da Liga Galega.
En cadetes, o Cordeiro CF comunicou que renuncia á continuación do partido de volta da 1ª eliminatoria da Fase de Ascenso Cadete, que tivo ser suspendido por un tremendo golpe do dumbriés Fabián na cabeza. O dumbriés, tras pasar polo Hospital, xa está totalmente recuperado. Así o Dumbría pensa xa na eliminatoria final ante o Sporting Estrada.
Pola súa banda, os infantís teñen todo de cara para pasar a seguinte rolda tras encarrilar o pase nestas semifinais ante o Xuventú Aguiño.
Ademais haberá Ruta BTT por Mazaricos e cita clave para o Fisober en Vimianzo. Pero antes repasamos os partidos da fin de semana.
Copa da Costa, Volta das Semis
1-4 |
Corme - Dumbría |
0-2 |
0-4 |
Xallas - Santa Comba |
Dom. 20:00h |
Promoción de Ascenso á 1ª Autonómica
Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica
2-1 Cerqueda - Cabana Dom. 20:45h
Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Cuartos
Fase de Ascenso á Liga Galega
Cadete:
Dom. 11:30 |
Estrada - Dumbría |
- |
Infantil:
3-5 |
Xuventú Aguiño - Dumbría |
1-8 |
Reunión importante en Baio
Recordamos ademais que o vindeiro
martes 12 de xuño a Federación convoca aos clubes da Costa para unha nova reunión en Baio para preparar o plenillo da FGD, que se celebra a final de mes, seguramente o
27 de xuño. E polo visto, as propostas son ben interesantes, e abordaránse os seguintes temas:
- PROPOSTA DO CORME CF para a vindeira temporada. ASCENSO A NOVA 1ª AUTONÓMICA: O Corme prantexa que non todos os equipos que ascendan vaian a zona de Santiago, unha das causas polas que o cadro azulón rexeitou o ascenso esta tempada.
- COPA DA COSTA 2013: Proporase xogar ao rematar a temporada de liga. E á final a un só partido. Por fin unha proposta con xeito sobre o barro de competicións.
- LIGA DE XUVENIS. Un só grupo na Liga e volver o formato anterior de Copa, onde participen todos.
- FUTBOL BASE. volver o sistema anterior de competición.
- GALA DO FUTBOL DA COSTA, que se celebrará o 30 deste mes de xuño en Muros e para o que xa hai candidatos dos premios.
Ruta BTT por Mazaricos
Este o domingo 10 de xuño, II Ruta BTT de Mazaricos.
Semifinal de Copa para o Fisober
- Volta das Semifinais da Copa Autonómica: Fisober vs Funeraria Apostol: Sábado 9 de xuño ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Vimianzo.
Unha vitoria ou un empate a menos de 4 goles certificarían o pase do equipo vimiancés. O partido preséntase moi igualado, con dous equipos moi similares e no que os enfrontamentos directos esta tempada saldáronse con duas vitorias pola mínima do Fisober e
un empate a 4 goles no partido de ida.
Os adestradores locales contaran ca totalidade da plantilla a excepción de Elsa que se lesionou no derradeiro partido de Liga.
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte