Previa deportiva dunha fin de semana de Final de Copa da Costa

Sen lugar a dúbidas, a cita deportiva da fin de semana será o domingo 17 ás 18:00h en Fontenla. Os dous equipos da Preferente, Santa Comba e Dumbría, brindarán, de seguro, un bonito espectáculo, ante centos de espectadores. I é que a gran Festa do Fútbol da Costa non defrauda.
Ademais, xa podedes ir escollendo ao Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa.

Ollo que a cousa estase quentando, e xa o podedes comprobar como preparan o lume dende Dumbría, que busca a súa 4ª Copa tralas conseguidas no 2001, 2005 e 2010...

Pero tamén haberá máis citas deportivas. Os cadetes e os infantís do Dumbría están a un paso da Liga Galega, tamén terán lugar as semis da Copa de Veteranos ou o Campionato de España de Fútbol Sala feminino no que o Fisober quere seguir facendo historia.

Imos repasando as citas,

Final da Copa da Costa, Ida

Dom. 18:00hSanta Comba - Dumbría--

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete, Volta da Final

1-0Estrada - DumbríaSáb. 18:00h

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil, Ida da Final

Venres 15 20:00hDumbría - Eume--

Copa da Costa de Veteranos, ida das Semifinais

--Cabana - Castriz--
--Baio - Corcubión--

XXXV Campionato de Barrios de Esteiro

  • Xornada 4:
    - Sábado 16. ás 18:30 h. CICLÓN'S - TAL.
    - Domingo 17. ás 18:30 h. CARALLO SANTO ABELLEIRA.

O FIsober polo Campionato de España

O Fisober C. Vimianzo disputara esta fin de semana o Campeonato de España de clubs de fútbol sala representando a Galicia. Serán venres, sábado e domingo na cidade da Coruña.

Campionato Galego de Volei Praia no Ézaro

Esta fin de semana dará comezo o Circuíto Galego de Volei praia de categorías inferiores. E a primeira proba celébrase o 16 e 17 de xuño na praia de Ézaro.

Autocross en Carballo

O Circuíto de Motor de Bértoa é o escenario no que se celebra o sábado 16 de xuño o IV Autocross Bergantiños.

Máis información

Crónicas da semana