Martes. 16.04.2024
El tiempo

Escolle ao Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa

Escolle ao Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa

Hoxe, mentres estamos pechando a votación do "11 da Costa" (daremos os resultados ao longo da semana), queremos presentar un novo concurso. Un concurso para escoller o Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa, que como sabedes, disputarán Dumbría e Santa Comba.

Prantexamos ademais este galardón, patrocinado por Super Bock Costa da Morte, como un premio a toda a tempada, polo que non traemos aos máis famosos, senón aos que fixeron unha temporada máis regular. Falamos con directivos e adestradores de ambos conxuntos para escoller 4 xogadores de cada equipo, e estes son os resultados:

DUMBRÍA:

  • Suso.
  • Aarón López.
  • Aarón Fdez. (o de Muros).
  • Juan Purrúa.

SANTA COMBA:

  • Julián.
  • Mon.
  • Roberto Amoedo.
  • Pablo Baña.

Procedemento e premios

Realizaremos pois a votación a través da páxina de Facebook de Super Bock Costa da Morte. Xa temos subidas as fotos dos 8 xogadores e tendes 2 semanas para votar polo mellor. O que máis "megustas" leve, levará o premio, que consistirá nun lote de produtos Super Bock.

A votar!!



Máis información

Crónicas da semana

Comentarios