Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Novidades importantes arredor do fútbol da Costa

Novidades importantes arredor do fútbol da Costa

Moitas cousas acordaron os membros da Asociación de Clubes do Fútbol da Costa na reunión celebrada o pasado martes en Baio, á que acodiron representantes do Malpica, Outes, Corme, Esteirana, Muros, Volantes, Nantón, Baio, Lira, Fisterra, Mazaricos, Dumbría, Ponteceso, Corcubión e EFM Vimianzo.
Novidades importantes, e lóxicos, en canto os ascensos, en canto á Copa da Costa, e mais en canto á Liga Xuvenil.

Iso si, todas estas propostas deberán ser refrendadas polos clubes no plenillo que organiza a Federación, cuia data prevista será o martes 26 de xuño, salvo posibles cambios.

Ascenso dende o norte

Xa sabemos que o Corme non aceptou o ascenso por ter que subir á zona de Santiago. Unha decisión da Federación que non gusta, sobre todo polo norte da zona. I é que de toda a vida, mesmo os equipos da zona de Muros están máis vencellados ao fútbol da Coruña que ao de Santiago.
En todo o caso, o Corme presentaba nunha reunión coa Federación celebrada onte en Baio, unha proposta para que os equipos de Bergantiños, no caso de ascender, o fagan á 1ª Autonómica da Coruña a partir da vindeira temporada 2012-2013.

  • O campión e o subcampeón da 2ª Autonómica da Costa, cando fosen equipos da comarca de Bergantiños, unicamente tiveran dereito a disputar a promoción de ascenso á 1ª Coruña Norte, xunto con outros 3 subcampións das 2ª dependentes da Coruña Norte, sempre que:
    - a) o acordo entre os clubs de concellos de Bergantiños.
    - b) a aceptación por parte dos clubes da Costa.

Copa da Costa: Final a partido único

Continuouse co tema DA COPA DA COSTA para a temporada 2012-13. Acordouse propoñer a disputa da final de copa a partido único, en campo a escoller polos dous finalistas. Tamén se proporá que a fase previa sea a partido único. Tamén se fará o posible para encaixar os partidos necesarios en datas libres de competición (navidades, semana santa, etc) co fin de lograr que a copa se dispute unha vez rematadas todas as ligas e que non se produzan sitiacións coma a deste ano, na que varios equipos tiveron que xogar partidos sábados e domingos.

Liga Xuvenil

Outro tema de debate foi a liga de xuvenil. A proposta inicial dunha liga con todos os equipos foi descartada polo elevado número de partidos que se terian que disputar e que non deixaria datas para a Copa Xuvenil. O preparador do Malpica Sr. Piña, expuso un calendario de competición, que se resume básicamente en unha liga coma a actual, con zona norte e zona sur. Os campions disputarían a fase de ascenso. O remate destas ligas xogariase a copa, en duas fases: unha primeira de catro grupos, da cal pasarian os dous primeiros para conformar os octavos da Copa.

Tamén suso da Torriña (Corme C.F.) propuxo un modelo competicional para esta liga. O seu formato sería moi similar o de este ano. O remate da liga regular norte e sur, os tres primeiros pasarían a liga para loitar polo título e polo ascenso. Una das novidades sería que os 6 equipos pasarian cos puntos obtidos contra os rivales do seu grupo.

Fútbol Base

No tocante o fútbol base, acordouse realizar unha petición a F.G.F. para que se unifique o recibo arbitral ou en caso contrario, os clubes estarían dispostos a volver o sistema competicional existente, fora da Federación.

Gala Fútbol da Costa

A Gala do Fútbol da Costa, a celebrar o 30 de xuño, xa ten premiados, pero non se saberán ata o día da víspera.

Ademais, acordouse que no partido das seleccións COSTA NORTE-COSTA SUR, farianse unhas rifas para recaudar cartos para a Asociación e a cantina sería a beneficio dos clubes que xogan en Miraflores, (MUROS SD e VOLANTES DE BAÑO FC).

Máis información

Crónicas da semana

Comentarios