Doble cita para o fútbol da Costa, tanto durante a fin de semana como para o festivo deste martes 1 de novembro. Se a fin de semana hai xornada completa, o martes xogarán os da 3ª da Costa ademais da Liga Xuvenil Norte e as 2ª Cadete e 2º Infantil. Ademais o martes hai cita en Fontenla coa Selección da Costa sub-23, que se enfrontará á Selección Galega sub-18.
Xa no meramente deportivo, repasamos a xornada. E comezando pola Preferente, atopamos que os nosos equipos terán unha xornada difícil, pois se enfrontan aos 4 primeiros clasificados. O que o terá máis complicado será o Soneira, que visitará San Lázaro para enfrortarse ao líder. Ademais o 2º, o Narón, visitará Fontenla para enfrontarse ao Xallas; o 3º o Dubra, recibirá ao Santa Comba, mentres que o 4º, o veciño Laracha, visitará o Conco para enfrontarse ao Dumbría.
Na 1ª, Cee e Ponteceso terán encontros asequibles e pode ser esta unha boa fin de semana para sumar os 3 puntos. Na Liga da Costa atopamos dous encontros no alto. O Club do Mar recibirá o sábado a un Malpica que só está a 6 puntos de diferencia. Pola súa banda, o domingo estará en xogo o liderato entre Camariñas e Dumbría B, con só 2 puntos de diferencia e un partido menos para os dumbrieses. Vemos tamén un derbi interesante entre Baio e Zas, e varios enfrontamentos directos da zona baixa, como o Corcubión-San Lorenzo ou o Buño-Nantón.
A xornada doble na 3ª vén cargada. A fin de semana podemos destacar o Montelouro-Alcaián, que medirá as posibilidades do Alcaián de subirse ao tren dos de arriba, e poderá devolver o liderato aos muradáns aproveitando que descansa o Outes. Para o martes, dous encontros será ben igualados, como son o Porteño-Montelouro e o Cerqueda-Coristanco.
Preferente, xornada 10
Xallas
30/10 - 16:30
Narón
Dumbría
30/10 - 16:30
Laracha
Compostela
30/10 - 16:30
Soneira
Dubra
30/10 - 17:00
Santa Comba
1ª Autonómica, xornada 9
Villestro
30/10 - 16:00
Ponteceso
Cee
30/10 - 16:30
Estudiantil
2ª Autonómica, xornada 9
Club do Mar
29/10 - 16:30
Malpica
Sofán
29/10 - 16:30
Esteirana
Corcubión
29/10 - 16:30
San Lorenzo
Corme
30/10 - 16:30
Fisterra
Camariñas
30/10 - 16:30
Dumbría B
Baio
30/10 - 16:30
Zas
O Pindo
30/10 - 16:30
Muros
Castriz
30/10 - 17:00
Mazaricos
Buño
30/10 - 17:00
Nantón
Ademais, o martes 1 de novembro, ás 16:45 celebrarase o Nantón-Zas da xornada 5.