Doble cita para o fútbol da Costa, tanto durante a fin de semana como para o festivo deste martes 1 de novembro. Se a fin de semana hai xornada completa, o martes xogarán os da 3ª da Costa ademais da Liga Xuvenil Norte e as 2ª Cadete e 2º Infantil.
Ademais o martes hai cita en Fontenla coa Selección da Costa sub-23, que se enfrontará á Selección Galega sub-18.
Xa no meramente deportivo, repasamos a xornada. E comezando pola Preferente, atopamos que os nosos equipos terán unha xornada difícil, pois se enfrontan aos 4 primeiros clasificados. O que o terá máis complicado será o Soneira, que visitará San Lázaro para enfrortarse ao líder. Ademais o 2º, o Narón, visitará Fontenla para enfrontarse ao Xallas; o 3º o Dubra, recibirá ao Santa Comba, mentres que o 4º, o veciño Laracha, visitará o Conco para enfrontarse ao Dumbría.
Na 1ª, Cee e Ponteceso terán encontros asequibles e pode ser esta unha boa fin de semana para sumar os 3 puntos.
Na Liga da Costa atopamos dous encontros no alto. O Club do Mar recibirá o sábado a un Malpica que só está a 6 puntos de diferencia. Pola súa banda, o domingo estará en xogo o liderato entre Camariñas e Dumbría B, con só 2 puntos de diferencia e un partido menos para os dumbrieses. Vemos tamén un derbi interesante entre Baio e Zas, e varios enfrontamentos directos da zona baixa, como o Corcubión-San Lorenzo ou o Buño-Nantón.
A xornada doble na 3ª vén cargada. A fin de semana podemos destacar o Montelouro-Alcaián, que medirá as posibilidades do Alcaián de subirse ao tren dos de arriba, e poderá devolver o liderato aos muradáns aproveitando que descansa o Outes.
Para o martes, dous encontros será ben igualados, como son o Porteño-Montelouro e o Cerqueda-Coristanco.
Preferente, xornada 10
| Xallas | 30/10 - 16:30 | Narón |
| Dumbría | 30/10 - 16:30 | Laracha |
| Compostela | 30/10 - 16:30 | Soneira |
| Dubra | 30/10 - 17:00 | Santa Comba |
1ª Autonómica, xornada 9
| Villestro | 30/10 - 16:00 | Ponteceso |
| Cee | 30/10 - 16:30 | Estudiantil |
2ª Autonómica, xornada 9
| Club do Mar | 29/10 - 16:30 | Malpica |
| Sofán | 29/10 - 16:30 | Esteirana |
| Corcubión | 29/10 - 16:30 | San Lorenzo |
| Corme | 30/10 - 16:30 | Fisterra |
| Camariñas | 30/10 - 16:30 | Dumbría B |
| Baio | 30/10 - 16:30 | Zas |
| O Pindo | 30/10 - 16:30 | Muros |
| Castriz | 30/10 - 17:00 | Mazaricos |
| Buño | 30/10 - 17:00 | Nantón |
Ademais, o martes 1 de novembro, ás 16:45 celebrarase o Nantón-Zas da xornada 5.
3ª Autonómica, xornada 11
| Laxe | 29/10 - 16:00 | Lira |
| Xaviña | 29/10 - 16:00 | Carnota |
| Atl. Pereiriña | 29/10 - 16:00 | Soneira B |
| Cabana | 29/10 - 18:00 | Camelle |
| Muxía | 30/10 - 16:30 | Fisterra B |
| Coristanco | 30/10 - 16:30 | Indep. Carballo |
| Volantes | 30/10 - 16:30 | Cerqueda |
| Montelouro | 30/10 - 16:30 | Alcaián |
| Corcoesto | 30/10 - 16:30 | Porteño |
3ª Autonómica, xornada 12
| Indep. Carballo | 01/11 - 12:00 | Atl. Pereiriña |
| Porteño | 01/11 - 12:00 | Montelouro |
| Carnota | 01/11 - 16:15 | Laxe |
| Fisterra B | 01/11 - 16:15 | Cabana |
| Soneira B | 01/11 - 16:15 | Muxía |
| Cerqueda | 01/11 - 16:15 | Coristanco |
| Alcaián | 01/11 - 16:15 | Volantes |
| Outes | 01/11 - 17:00 | Corcoesto |
| Camelle | 01/11 - 19:00 | Xaviña |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 7
| Areosa | 30/10 - 12:00 | Bergantiños |
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 7
| Muros | 29/10 - 16:30 | Esteirana |
| Dumbría | 29/10 - 16:30 | Corcubión |
| Fisterra | 29/10 - 16:30 | Mazaricos |
| Santa Comba | 29/10 - 16:30 | Cee |
| Soneira | 30/10 - 12:30 | Outes |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 10
| Baio | 29/10 - 16:30 | Corme |
| Cabana | 29/10 - 16:30 | Laxe |
| Muxía | 29/10 - 16:30 | Camariñas |
| Ponteceso | 29/10 - 16:30 | Dumbría B |
| Malpica | 29/10 - 16:30 | Coristanco |
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 11
| Corme | 01/11 - 11:00 | Cabana |
| Camariñas | 01/11 - 16:00 | Ponteceso |
| Zas | 01/11 - 16:15 | Baio |
| Laxe | 01/11 - 16:15 | Muxía |
| Dumbría B | 01/11 - 16:15 | Malpica |
División de Honra Cadete, xornada 7
| Pontevedra | 29/10 - 16:30 | Bergantiños |
2ª Cadete, xornada 8
| Fisterra | 29/10 - 10:30 | Coristanco |
| Ponteceso | 29/10 - 10:30 | Dumbría |
| Muxía | 29/10 - 10:30 | Porteño |
| Zas | 29/10 - 10:30 | Santa Comba |
| Camariñas | 29/10 - 10:30 | Soneira |
| Outes | 29/10 - 10:30 | Cabana |
| Cee | 29/10 - 10:30 | Muros |
| Malpica | 29/10 - 11:00 | Baio |
2ª Cadete, xornada 9
| Porteño | 01/11 - 10:00 | Malpica |
| Esteirana | 01/11 - 10:30 | Fisterra |
| Coristanco | 01/11 - 10:30 | Ponteceso |
| Dumbría | 01/11 - 10:30 | Muxía |
| Soneira | 01/11 - 10:30 | Outes |
| Cabana | 01/11 - 11:00 | Cee |
| Santa Comba | 01/11 - 12:30 | Camariñas |
| Baio | 01/11 - 16:00 | Zas |
2ª Infantil, xornada 8
| Corme | 29/10 - 11:00 | Santa Comba |
| Dumbría | 29/10 - 11:00 | Os Miudos |
| Coristanco | 29/10 - 17:00 | E.M.F. Vimianzo |
| Cee | 29/10 - 18:30 | Baio |
| Esteirana | 30/10 - 10:30 | Cabana |
| Con. de Carnota | 30/10 - 10:30 | Ponteceso |
| As Baleas | 30/10 - 10:30 | Muxía |
2ª Infantil, xornada 9
| Cabana | 31/10 - 17:00 | Con. de Carnota |
| Fisterra | 01/11 - 10:30 | Coristanco |
| Vimianzo | 01/11 - 10:30 | Esteirana |
| Outes | 01/11 - 10:30 | Corme |
| Santa Comba | 01/11 - 10:30 | As Baleas |
| Muxía | 01/11 - 10:30 | Dumbría |
| Os Miudos | 01/11 - 10:30 | Cee |
Ligas de Veteranos, xornada 8
1ª División
| Nantón | 30/10 - 16:30 | Xv. Bergantiños |
| Buño | 30/10 - 16:30 | Vimianzo |
| San Román | 30/10 - 16:30 | Castriz |
| Bértoa | 30/10 - 16:30 | Camariñas |
| Zas | 30/10 - 16:30 | Baio |
| Ponteceso | 30/10 - 16:30 | Bergantiños |
| San Lorenzo | 30/10 - 16:30 | Corcubión |
2ª División
| Malpica | 30/10 - 16:30 | Sofán |
| Porteño | 30/10 - 16:30 | Agualada |
| Camelle | 30/10 - 16:30 | Dep. Carballo |
| Muros | 30/10 - 16:30 | At. Milagrosa |
| Soneira | 30/10 - 16:30 | Corcoesto |
| Cerqueda | 30/10 - 16:30 | Corme |
| Club do Mar | 30/10 - 16:30 | Coristanco |
Máis información
Novas relacionadas
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).