Este xoves cita coa Selección da Costa en Fontenla e coa Tarifa Arbitral Unificada en Baio

Dúas citas importantes ten este xoves 27 de outubro de 2011 o fútbol da Costa. Por unha banda unha reunión en Baio sobre a tarifa arbitral unificada, pero antes en Santa Comba procederán a presentar o encontro que enfrontará á Selección da Costa sub-23 coa Selección Galega sub-18.
A Selección da Costa en Fontenla

Volve a Selección da Costa a ter protagonismo tralo encontro entre Sur e Norte deste verán.
Este xoves, 19.30h terá lugar no Concello de Santa Comba a presentación dun partido do encontro da Selección galega sub-18 contra a Selección da Costa da Morte, sub-23 en Fontenla o martes 1 de novembro ás 16:30h.
No acto de presentación estarán o alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, o presidente da Federación Galega de Fútbol García Liñares, ademais dos presidentes dos 3 equipos de Santa Comba, Xallas, Santa Comba e Castriz.
O cadro costeiro estará dirixido polos adestradores Huelvis e Berto. A selección vai ser formada por xogadores costeiros da Preferente, 1ª e 2ª Autonómica, pois a 3ª da Costa ten xornada ese día. Así, en principio os adestradores dos 24 equipos costeiros buscarán coller un xogador de cada clube.
Reunión en Baio sobre a Tarifa Arbitral Unificada
Importante a participación dos clubes da bisbarra nesta reunión. Nun tema no que tantos clubes da bisbarra vense implicados, e sobre o que tanto protestan, pero logo non acodimos ás citas nas que se tratan estes temas.
O Presidente da Federación achégase a Pavillón Baio este xoves 27 ás 20:30h para tratar o asunto tras convocar a todos os clubes a través da Asociación de Clubes da Costa da Morte. Liñares explicará a implantación do recibo arbitral unificado e as suas repercusións.
"Dada a importancia do tema, xa que a unha das demandas históricas do fútbol da Costa, esperamos a máxima asistencia por parte dos Clubes", explican dende a entidade.
.Máis información
Novas relacionadas
Crónicas da semana
- Xuvenil Norte: Catro equipos á caza dos dous de arriba.
- Xuvenil Sur: A este Cee sáelle todo.
- 3ª Autonómica: Salvando o temporal.
- 2ª Autonómica: O Camariñas colle o relevo.
- Preferente: Derbi con consecuencias en Vimianzo.
- 1ª Autonómica: Os equipos coruñeses fan dano.
- Resultados da primeira fin de semana de temporal.
Máis novas
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).