A xornada tiña un claro foco en Vimianzo, cun novo derbi costeiro na Preferente que rematou cun soso empate a 1. Ademais o Dumbría non podía co Mugardos facéndolle fraco favor aos soneiráns mentres que o Santa Comba vencía ao Boiro e volve mirar cara arriba.
Na 1ª, boas novas por unha semana, con vitoria do Ponteceso na casa, e empate do Cee ante o Estudiantil sumando o primeiro punto fóra de casa.
Xa na Liga da Costa todos os ollos miraban a Pedra Queimada. E o choque entre o equipo máis en forma e o líder non defraudou, e deixou un partido dos que fan afección, con goles, alternativas, xogo duro, para o disfrute dos moitos afeccionados que foron ao campo. Ao final, xusto empate a 2. O Camariñas volve coller confianza e venceu con solvencia no Conco e por detrás o Fisterra non puido superar a un sempre temido Corme. Os fisterráns sacan 1 punto ao Malpica, mentres que quedan a 7 desa 4ª praza os Baio (que gañaba sobrado o derbi), Muros (que superaba ao pechacancelas) e o propio Corme. Por abaixo, a xornada era clave, e deixa ao Nantón máis afundido. Parece que houbo tormenta en Cabana e caían 0-3 ante o Buño, que lle permite escapar aos malpicáns e que deixa a 4 puntos da salvación ao Nantón. É agora o Corcubión, tras caer 1-0 e no último minuto en Verdillo, o que marca a salvación, pero empatado co propio Zas e co Mazaricos, pois o Castriz sacaba 3 puntos vitais do Pino do Val.
Na 3ª, a loita pola 6ª praza segue fervendo. O Carnota recuperou o liderato tras vencer ao Xaviña aproveitando o descanso do Outes. Queda agora con 2 puntos máis que os da Serra e 3 do Cabana, que vencía en Camelle, pero cun partido máis. A fenda entre a 3ª e a 4ª praza é clara, 8 puntos entre Cabana e Montelouro e Coristanco, que parecen case fixos nas quinielas para entrar entre os 6 primeiros. Pero a 6ª praza ferve. Cerqueda e Volantes loitarán ata o último día como demostraron hoxe, cun empate que demostra a igualdade total entre ambos.
Pola súa banda, os xuvenís tamén xogaron unha completa xornada intensa na Liguilla de ascenso. E con algunha sorpresa, como o espertar do Corcubión ante todo un Dumbría B. Queda agora só no liderato o Malpica, tras vencer e convencer ante o Baio. O Cee non pasou do empate ante o Soneira e queda 4ª. Por detrás xa o Corcubión, que non decae, e o Santa Comba que empata a 5 co Camariñas.
Preferente, xornada 27
Soneira
1-1
Xallas
Gal. Mugardos
2-1
Dumbría
Santa Comba
2-0
Boiro
1ª Autonómica, xornada 26
Estudiantil
1-1
Cee
Ponteceso
1-0
Villestro
2ª Autonómica, xornada 26
Fisterra
2-2
Corme
Malpica
2-2
Club do Mar
Esteirana
1-1
Sofán
Dumbría B
1-5
Camariñas
Muros
5-1
O Pindo
San Lorenzo
1-0
Corcubión
Mazaricos
0-2
Castriz
Nantón
0-3
Buño
Zas
0-4
Baio
3ª Autonómica, xornada 26
Lira
0-1
Laxe
Indep. Carballo
3-1
Coristanco
Camelle
1-2
Cabana
Soneira B
2-0
Atl. Pereiriña
Carnota
5-1
Xaviña
Fisterra B
3-0
Muxía
Cerqueda
2-2
Volantes
Alcaián
1-3
Montelouro
Porteño
6-1
Corcoesto
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 6