martes. 12.11.2024
El tiempo

Resultados da fin de semana no #futboldacosta

Resultados da fin de semana no #futboldacosta

Repasamos o acontecido no #fútboldacosta (o hastag xa comeza a funcionar para informarnos todos os amantes das nosas ligas) nesta fin de semana de 10 e 11 de marzo, non sen antes repasar as novidades da Federación sobre os ascensos, as propostas da Asociación de Clubes e as clasificacións das xa actualizadas Ligas de Fútbol Sala de Cee.

A xornada tiña un claro foco en Vimianzo, cun novo derbi costeiro na Preferente que rematou cun soso empate a 1. Ademais o Dumbría non podía co Mugardos facéndolle fraco favor aos soneiráns mentres que o Santa Comba vencía ao Boiro e volve mirar cara arriba.

Na 1ª, boas novas por unha semana, con vitoria do Ponteceso na casa, e empate do Cee ante o Estudiantil sumando o primeiro punto fóra de casa.

Xa na Liga da Costa todos os ollos miraban a Pedra Queimada. E o choque entre o equipo máis en forma e o líder non defraudou, e deixou un partido dos que fan afección, con goles, alternativas, xogo duro, para o disfrute dos moitos afeccionados que foron ao campo. Ao final, xusto empate a 2. O Camariñas volve coller confianza e venceu con solvencia no Conco e por detrás o Fisterra non puido superar a un sempre temido Corme. Os fisterráns sacan 1 punto ao Malpica, mentres que quedan a 7 desa 4ª praza os Baio (que gañaba sobrado o derbi), Muros (que superaba ao pechacancelas) e o propio Corme.
Por abaixo, a xornada era clave, e deixa ao Nantón máis afundido. Parece que houbo tormenta en Cabana e caían 0-3 ante o Buño, que lle permite escapar aos malpicáns e que deixa a 4 puntos da salvación ao Nantón. É agora o Corcubión, tras caer 1-0 e no último minuto en Verdillo, o que marca a salvación, pero empatado co propio Zas e co Mazaricos, pois o Castriz sacaba 3 puntos vitais do Pino do Val.

Na , a loita pola 6ª praza segue fervendo. O Carnota recuperou o liderato tras vencer ao Xaviña aproveitando o descanso do Outes. Queda agora con 2 puntos máis que os da Serra e 3 do Cabana, que vencía en Camelle, pero cun partido máis. A fenda entre a 3ª e a 4ª praza é clara, 8 puntos entre Cabana e Montelouro e Coristanco, que parecen case fixos nas quinielas para entrar entre os 6 primeiros. Pero a 6ª praza ferve. Cerqueda e Volantes loitarán ata o último día como demostraron hoxe, cun empate que demostra a igualdade total entre ambos.

Pola súa banda, os xuvenís tamén xogaron unha completa xornada intensa na Liguilla de ascenso. E con algunha sorpresa, como o espertar do Corcubión ante todo un Dumbría B. Queda agora só no liderato o Malpica, tras vencer e convencer ante o Baio. O Cee non pasou do empate ante o Soneira e queda 4ª. Por detrás xa o Corcubión, que non decae, e o Santa Comba que empata a 5 co Camariñas.

Preferente, xornada 27

Soneira 1-1Xallas
Gal. Mugardos 2-1 Dumbría
Santa Comba 2-0 Boiro

1ª Autonómica, xornada 26

Estudiantil1-1 Cee
Ponteceso 1-0 Villestro

2ª Autonómica, xornada 26

Fisterra 2-2 Corme
Malpica 2-2Club do Mar
Esteirana 1-1 Sofán
Dumbría B 1-5 Camariñas
Muros 5-1O Pindo
San Lorenzo 1-0 Corcubión
Mazaricos 0-2 Castriz
Nantón 0-3 Buño
Zas 0-4 Baio

3ª Autonómica, xornada 26

Lira 0-1 Laxe
Indep. Carballo 3-1Coristanco
Camelle 1-2 Cabana
Soneira B 2-0 Atl. Pereiriña
Carnota 5-1Xaviña
Fisterra B 3-0 Muxía
Cerqueda 2-2 Volantes
Alcaián 1-3 Montelouro
Porteño 6-1 Corcoesto

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 6

Malpica 3-0 Baio
Cee 1-1 Soneira
Corcubión 4-3 Dumbría B
Camariñas 5-5Santa Comba

Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 6

Fisterra 1-0 Outes
Zas 1-0 Dumbría
Coristanco 3-2 Esteirana

Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 6

Corme 3-2Muros
Ponteceso 4-3Mazaricos
Cabana -- Descansa

2ª Cadete, xornada 26

Ponteceso 1-4Coristanco
Muxía 1-7Dumbría
Zas 1-7Baio
Outes 5-1Soneira
Fisterra 0-6Esteirana
Camariñas 0-1 Santa Comba
Malpica 8-0 Porteño
Cee 6-2 Cabana

2ª infantil, xornada 26

Esteirana 13-0 E.M.F. Vimianzo
Dumbría 14-0 Muxía
Coristanco 0-1 Fisterra
Con. de Carnota 2-6 Cabana
Corme 4-4 Outes
As Baleas 0-11 Santa Comba
Cee 9-0E.D. Os Miudos

Ligas de Veteranos, xornada 24

1ª División

Buño 1-4Xv. Bergantiños
Bértoa 0-5 Castriz
Nantón 0-1 Cabana
Zas 4-4Camariñas
Ponteceso 0-2 Baio
San Lorenzo 1-1Bergantiños
San Román 4-3 Vimianzo

2ª División

Muros 4-1 Dep. Carballo
Soneira 3-1 At. Milagrosa
Club do Mar 0-3 Corme
Leiloio 2-4Sofán
Malpica 3-3 Agualada
Porteño 1-1 Camelle
Cerqueda 2-2 Corcoesto

Nova relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios