Non pareceu demasiado grave a incidencia do entroido na xornada ligueira e afortunadamente non tivemos que lamentar baixas relevantes nin accións esperpénticas polos campos da bisbarra. No meramente deportivo, aquí vos traemos un resumo da xornada e os resultados de 60 partidos do #futboldacosta.
E comezamos pola Preferente onde tiña o foco de atención no derbi xalleiro. , en contra do que marcaban as liñas de ambos equipos neste comezo de 2012, o cadro laranxa superou ao verde nun encontro moi disputado e con gran ambiente en Fontenla. Ademais, o Dumbría vencía comodamente na casa a un Viveiro que quería cazalo, mentres que o Soneira volve de Bertamiráns cun punto moi sabroso.
Na 1ª, xornada negra para os nosos. O Cee segue sen levantar cabeza e a goleada colleitada en Eume ante o equipo que marca a salvación parece o adeus definitivo á categoría. O Ponteceso permitiu que o Flavia se achegue.
Na Liga da Costa, a loita na cabeza segue sendo o máis interesante. Esta xornada Club do Mar e o novo Camariñas sen Manolín tiñan dúas finais, e se o Club do Mar sacaba 3 puntos dun tremendamente campo difícil como o Carral, o Camariñas non pasaba do empate ante un potente Malpica. Queda agora o cadro caionés líder en solitario con 2 puntos sobre os camariñáns.
Por detrás segue, e máis firme que nunca, o Fisterra, que venceu por 1-4 a un Baio con moitas baixas. O Corme tampouco descansa e vencía 0-2 en Buño.
Na zona baixa, houbo encontros importantes. Castriz e San Lorenzo vencían envites directos con Zas e Mazaricos, e a vitoria do Nantón ao Muros permítelle aos cabaneses non quedar atrás. Todo segue igualadísimo, e dende o Corcubión (12º) ao Nantón (17º) hai só 3 puntos.
A xornada na 3ª estivo marcada pola suspensión do Muxía-Lira tras unha agresión ao colexiado dun xogador do Lira.
Polo demais, o Carnota segue firme no liderato: Por detrás ponse agora o Outes, que non fallaba ante o Cerqueda e que aproveitaba o tropezo Cabana ante o Laxe. Montelouro e Coristanco continúan por detrás e o Volantes non quere quedar fóra do vagón de arriba.
En xuvenís, ponse interesante a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. Á falta do encontro do Dumbría B co Baio que queda para o martes, o Malpica deu un golpe na mesa mallando nun Camariñas tocado polos últimos resultados. O Santa Comba e o Cee amosan a súa candidatura tamén.
Preferente, xornada 24
Xallas
0-1
Santa Comba
Dumbría
3-0
Viveiro
Bertamiráns
2-2
Soneira
1ª Autonómica, xornada 23
Eume
5-0
Cee
Flavia
1-0
Ponteceso
2ª Autonómica, xornada 23
Corcubión
1-3
Dumbría B
Buño
0-2
Corme
Sofán
1-2
Club do Mar
O Pindo
2-4
Esteirana
Nantón
1-0
Muros
Mazaricos
0-1
San Lorenzo
Camariñas
1-1
Malpica
Baio
1-4
Fisterra
Castriz
2-0
Zas
3ª Autonómica, xornada 27
Atl. Pereiriña
1-2
Carnota
Volantes
6-1
Fisterra B
Cabana
1-1
Laxe
Camelle
1-3
Coristanco
Montelouro
2-0
Soneira B
Muxía
Susp.
Lira
Corcoesto
0-2
Indep. Carballo
Outes
3-1
Cerqueda
Porteño
1-1
Alcaián
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 3