Luns. 29.04.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Carnota desbanca ao Cabana

3ª Autonómica: O Carnota desbanca ao Cabana
11 xornadas levaba o Cabana no máis alto da clasificación, pero o empate deste fin de semana ante o Xaviña fai que o Carnota se cope co máis alto da táboa. Non fallaron os de Cambeiro ante un rival que non lle puxo as cousas fáciles, pero que non estivo acertado cara o gol e agora xa ven como ameazan ese quinto posto que pode ser o corte do ascenso. O Volantes tamén fallaba ao empatar fronte ao Camelle e ve como o Cerqueda, que vén nunha racha positiva, se apodera do sexto posto, aínda que empatados a puntos.

Carnota - Coristanco (3-1)

  • CARNOTA: Nowita, Tono da Caixa, Pedro, David de Brea, Manuel Luís (David Castreje, min.80), Rodrigo, Andrés (Manolo Chouza, min.20), Jacobo, Gabri (Boni, min.75), Manoliño (Pumuki, min.82) e Borja Santos (Pedro de Vigo, min.85).
  • CORISTANCO: Pombo, Arantón (Oscar, min.70), Luís, Germán, Marcos, Pazos (Magobi, min.46), Iván, Mallón (Carlos, min.55), Benitez e Toniño.
  • Goles: 1-0, min.2: Jacobo; 1-1, min.20: Marcos; 2-1, min.38: Borja Santos; 3-1, min.88: Jacobo.
Un minuto de silencio se gardou pola memoria do avó do xogador carnotán, Pedro. O partido foi moi igualado, os locais estiveron moi acertados a balón parado, onde fixeron moito dano. Jacobo segue medrando cada día e está a ser de moita aportación para o equipo de Cambeiro, aínda que non o ficharon para marcar goles, está destapándose como goleador e onte sumou dúas dianas importantísimas. No primeiro gol estivo moi listo e cazou un rexeite do meta Pombo tras un lanzamento de falta de Borja Santos, no segundo mostrou o seu bo disparo e marcou dende a frontal da área. Entre mentres Borja Santos marcaba de falta directa. O gol visitante foi de Marcos ao recoller un rexeite tras un córner. Os de Coristanco tiveron as súas ocasións para poñer a igualdade no marcador final, pero Toniño vía como a defensa local lle sacaban un balón na liña de gol e logo na segunda metade mandou un balón ao pau. Tralo o empate do Cabana, o Carnota ponse líder por primeira vez na tempada.

Laxe - Muxía (1-0)

  • LAXE: Diego, Manuel, Ventura (Rellán, min.80), Antonio Naya, Aarón, Jacinto, Iván (Martín, min.40), Borja, Darío, Zurich e Samuel.
  • MUXÍA: Angel Luís, Carrera (Juan, min.46), Sergio, Currás, Martín, Ziro, Julián, Pesqui, Raúl, Arxires e Ruso.
  • Gol: 1-0, min.91: Zurich de penalti.
  • Lesión: O laxense Iván.
Partido que non se decidiu ata o desconto, e de penalti. A primeira metade transcorreu con pouco ritmo, pero cos dous equipos dando a cara. Houbo un par de ocasións para cada bando, as dúas máis claras para o local Samuel que sacou o porteiro muxián Angel Luís. Na segunda apretou máis o cadro local ante un Muxía que chegaba con apenas 12 homes. Así e todo, os de José María mantíñanse ben armados atrás pero sen profundidade arriba. E cando o partido marchaba cara o empate final, xa co tempo cumprido, e de penalti (unha carga legal para os muxiáns, e penalti claro para os locais) decantouse o partido para o Laxe. Por outra banda, hoxe en Laxe andan pendentes da suposta poxa polo campo de fútbol, ata agora, municipal.

Soneira B - Corcoesto (3-0)

  • SONEIRA: Víctor, Vicente, Héctor (Dani, min.52), Chuchi, Marquitos (Alberto, min.35), Jemisa, Chans, Kevin Cadete, Ricardiño (Cho, min.46), Cristian de Carantoña (Quilmes, min.52) e Cristian de Cereixo (Roi, min.57).
  • CORCOESTO: Siro, Lista, Edelmiro, Germán, Pichón, Javi, Uru, Martín, Couto, Miguel e Rodri.
  • Goles: 1-0, min.20: Cristian de Carantoña; 2-0, min.30: Vicente, de penalti; 3-0, min.51: Cristian de Carantoña.
Superioridade absoluta do filial na sesión matinal, ante un rival que só contou con 11 xogadores e acabou con nove tras a lesión de Edelmiro e Miguel, xa na primeira metade, pese a seguiren no campo a súa aportación foi mínima. O Soneira B puido golear na segunda metade, pero marraron incomprensibles ocasións de gol.

Cerqueda - Porteño (3-0)

  • CERQUEDA: Fredi, Rober, Javi, Javi Pazos, Jorge, Dani, Manu, Lorenzo, Dani Añón (Dieguito, min.46), You (Juanjo, min.62) e Alex (Rubén, min.85).
  • PORTEÑO: Jimy, Pejo, Maikol (Brais da Ponte, min.46), Piti, Brais, Pirucho (Rubén, min.70), Cousillas, Yago (Oscar, min.46), Ismael, Jorge e Wi (Gabi, min.50).
  • Goles: 1-0, min.3: Alex; 2-0, min.18: Alex; 3-0, min.91: Dieguito, de falta.
Fulminante saída a do Cerqueda que aos 25 minutos xa puido ter sentenciado o encontro. Alex marcou por partida dobre, o primeiro tras unha boa xogada individual que acaba regateando o porteiro e o segundo de cabeza a saída dun córner. O Porteño tentou reaccionar nos minutos finais de encontro, pero un maxistral gol de Dieguito de falta directa deixou o partido sentenciado. Suma xa seis partidos sen perder o Cerqueda, coa vitoria desta semana suma ao sexto posto e xa ve ao Coristanco, quinto clasificado, a tan só cinco puntos. Importante o choque da semana que vén fronte ao Outes para ver as posibilidades de ascenso que poden ter.

Xaviña - Cabana (0-0)

  • XAVIÑA: Pablo, Chiribí (Rubén, min.70), Sergio, Juan Antonio, Jallejo, Adrián (Martín, min.60), Búa, Elvis, Diego, Caamaño e Javi (Diango, min.75)
  • CABANA: Añón, Rubén García (Adrian, min.67), Marcos, Pancho (David, min.67), Jose, Diego (Fernando, min.85), Darío (Jacobo, min.85), Fran Martuxa, Eloi García (Eloi Pereira, min.55), Rubén Rama e Nando.
  • Expulsión: O visitante Rubén Rama (min.86) con cartón vermello directo por protestar.
Mal partido o visto en camariñas, no que os visitantes ven como perden o liderato despois de 11 xornadas no máis alto. Non xogou un bo partido o equipo de Pablo Mallón que viu como lle anulaban un gol bastante dubidoso nos instantes finais. Aínda así non houbo moitas ocasións de gol e estiveron moi repartidas, sendo un empate bastante xusto.

Fisterra B - Montelouro (0-4)

  • FISTERRA B: David Perlón, Juanjete (Diego, min.70), Cote, Pablo, Daniel, Eddy (Manu, min.68), Gaby, Hidalgo, Bruno, Jose da Anchoa (Carlos, min.68) e Insua.
  • MONTELOURO: Isma, Bolo, García, Chema (Jose, min.75), Pablo, Fernando, Dani, Raúl (Alvaro, min.28 (Canelo, min.80)), Pesco (Edu, min.55), Denís e Geiko.
  • Goles: 0-1, min.30: Geiko; 0-2, min.53: Denís; 0-3, min.59: Dani; 0-4, min.75: Dani.
Non acaba de arrancar o Fisterra B no presente ano, e o campo que fai uns meses era un fortín, agora semella que non ofrece tanto respecto aos rivais. O Montelouro foi netamente superior e puido levarse unha goleada maior. Falta lles facía aos xogadores de Canelo un partido así para coller confianza e retomar forzas para o arreón final. Os locais tan só ofreceron resistencia durante os primeiros 30 minutos, mentres onchegou o gol de Geiko que abriu o marcador cun tiro raso cruzado. Tralo descanso Denís marcaba un bonito gol a enganchar de volea un centro de Chema. Dani, un dos mellores do encontro, marcaría dous fermosos goles, un tras definir un man a man co porteiro e outro de cabeza, a centro de Geiko, que redondeaban a goleada.

Independiente - Outes (1-3)

  • INDEPENDIENTE: Noé (Upi, min.46), Jonathan, Toni (Brais, min.80), Juni, Rubén, Carlos, Gustavo (Héctor, min.55), Brian, Rafa (Scot, min.70), Dani e Jorge.
  • OUTES: Gato, Saúl, Martín, Debé, David, Arturo, Fabio (Damian, min.71), Deivi, Potro (Pesco, min.60) e Fernando (Alvaro, min.77)
  • Goles: 0-1, min.5: Deivi; 0-2, min.50: Fabio; 0-3, min.55: Saúl; 1-3, min.70: Brian.
Partido moi igualado, máis do que indica o marcador. Os de Outes estiveron moi acertados cara o gol, pero pese a ir perdendo 0-3, os locais non baixaron os brazos e deron moita guerra ata o final. Deivi abriu o marcador ao bater o porteiro cunha vaselina tras recibir un pase de Saúl. Xa na segunda metade, Fabio materializaba unha boa xogada de equipo tras recibir un taconazo de Deivi e pouco despois Saúl poñía o terceiro cun disparo dende 60 metros, que era máis un despexe que tiro, pero foise envelenando e acabou entrando na porta. O gol de Brian a vinte minutos do final non permitiu a reacción dos locais que se quedan cunha boa sensación pese a derrota.

Camelle - Volantes (2-2)

  • CAMELLE: Carlos de Dido, Diego, Coruña (Juanjo, min.65), Manuel, Mauri, Sergio, René (Buri, min.50), Varu, Mario, Jose (Alvaro Pantera, min.85) e Barreiro.
  • VOLANTES: Iago, Fran, Paquy, Maikel (Mou, min.70), Fran, Brais, Ramón, Nimo, Ivi, Piti e Javi (Pardelo, min.60)
  • Goles: 1-0, min.20: Varu; 1-1, min.30: Piti; 2-1, min.40: Sergio; 2-2, min.57: Ivi.
  • Expulsión: O local Barreiro (min.75) tras ver dous cartóns amarelos moi discutidos que sentaron mal ao dianteiro camellán, cousa que lle fixo perder algo os papeis polo que presenten por Camelle que non van poder contar co xogador nuns cuantos partidos.
O partido tivo dúas caras, na primeira os locais estiveron moi ben a favor de vento e conseguiron marcharse con vantaxe no marcador. Varu abría o marcador cun tiro raso dende a frontal e respondería Piti co empate. Xusto antes do descanso Sergio volvía adiantar aos locais. Na segunda metade empurrou bastante o equipo de Baño que conseguiu o empate bastante cedo por medio de Ivi. Seguiu intentando buscar o gol da vitoria, pero o meta Carlos fixo un par de intervencións de mérito. Vaise notando xa a man de Pupus no banco local que está conseguindo encaixar menos goles cunha maior solidez defensiva.

Lira - Atl. Pereiriña (1-1)

  • LIRA: Santi, Abel (Óscar, min.55), Edu, Suso Perico, Miche, Gabri (Lalo, min.70), Chindo, Yerai, Suso Patachin, Jose e Fran Perico.
  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Alvaro Fiuza, Mateo, Grille (Javier Míster, min.75), Jose, Adán, Alex, Néstor, Víctor, Poki e Javi.
  • Goles: 1-0, min.20: Fran Perico; 1-1, min.40: Poki.
  • Expulsión: O meta visitante Simón (min.70) con cartón vermello directo por deter un balón coa man fóra da área.
Fran Perico abriu o marcador ao rematar de cabeza un centro lateral e Poki nunha contra rápida puxo o empate. O Pereiriña estivo mellor na primeira metade e na segunda, axudados tamén pola superioridade, os de Lira puideron levarse os tres puntos, pero tampouco gozaron de excesivas oportunidades de gol.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios