Luns. 29.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Cee cava a súa propia tumba

1ª Autonómica: O Cee cava a súa propia tumba
Cavou o Cee a súa propia tumba este domingo no San Pedro de Refoxos. Nun dos últimos cartuchos que lle podían manter con opcións de salvación, e tras poñerse por diante ante o Carral, os de Llanero realizaron os peores 45 minutos do ano, deixando un partido que tiñan de cara. Foi un claro querer e non poder, que define o estado anímico do cadro ceense. Mentres, o Ponteceso leva a liña contraria, cada vez mellor, e mesmo xa gaña por inercia e calidade.

Cee - Carral (1-3)

  • CEE: Iván, Nico, (Jorge, min.78), Luís (Penedo, min.78), Jullo, Rafa, Fermín, Piquero (Diego, min.64), Isma (Carlos, min.64), Víctor, Angel e Fer.
  • Goles: 1-0, min.40: Ángel; 1-1, min.57; 1-2, min.61; 1-3, min.70.
Tremendo varapao do Cee, que encarrilaba o partido tras unha boa primeira metade. Empezaba moi forte o Cee que domino o partido na primeira parte. Avisaba Piquero aos cinco minutos ao rematar un centro e pasearse por diante da porteria visitante. Seguíao insistindo e no minuto 8 foi Isma a un gran pase de Víctor quen se prantaba só diante de Cris pero quixo regatealo e se quedou pequeno o campo. Piquero volvia avisar cun forte tiro desde a frontal da área pero íase desviado. A primeira chegada do Carral un tiro de Miguelito á media hora de partido que salia moi desviado. Contra o descanso, un saque de porta de Iván que prolongaba Fer, chegaba o balón a Ángel que lle gañaba ás costas ao defensa e definía perfectamente ante a saída do meta carralés. Pero todo cambiou tralo descanso. Saíu fatal o cadro ceense e en 15 minutos o Carral sentenciaba o partido con 3 tantos consecutivos. Primeiro Miguelito que só no segundo pau empuxa a gol. Jorge metía o segundo logo dunha gran parada de Iván e finalmente Pupo aproveita un pase dun compañeiro que roubaba o balón nun fallo defensivo. A ocasión máis clara ceense na segunda parte un tiro de Isma que se ía rozando o pau despois dun saque de banda de Fer. Pero tampouco fixo méritos o equipo de Llanero para remontar.

Ponteceso - Eume (2-0)

  • PONTECESO: Norberto (Xurxo, min.85), Fabián, Rubén Varela, Carlos Mato, Dani Pallas (Zalo, min.75), Pablo Vázquez, Mendienta (Ramón, min.63), Tucho (Bolón, min.65), Josito, Toniño e Luisete (Pitu, min.70).
  • Goles: 1-0, min.15: Toniño de tiro cruzado; 2-0, min.70: Toniño de volea.
Xa gaña a base de eficacia e eficiencia o cadro de Marco. Sen facer o seu mellor partido, os pontecesán tiraron de calidade (de Toniño) e oficio (de todo o equipo) para superar ao Eume con claridade. Dous golazos de Toniño, un en cada parte, e a seria defensa que permitiu que Norberto apenas tivera que intervir, finiquitaron o choque.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios