Nova xornada completa de #fútboldacosta nesta fin de semana de 11 e 12 de febreiro de 2012. Ademais da competida Liga de Fútbol Sala de Cee, repasamos o acontecido esta xornada.
E comezamos por arriba, onde había un triple choque contra equipos da Mariña, todos en posicións baixas. Derrota sumou o Xallas en Viveiro, mentres que o Soneira acadaba un empate contra o potente Narón (2º) tras unha boa primeira metade pero cun segundo tempo no que quedaban con 9. As boas novas chegaron a Santa Comba, que colleita a primeira vitoria do ano. E boas novas en Dumbría que trouxeron os 3 puntos do campo do pechacancelas.
Na 1ª, parece que o Cee afunde defintivamente trala súa derrota na casa ante o Carral, e xa son 9 puntos os que os distancian da salvación. Pola súa banda o Ponteceso de Marco segue avanzando e xa está na metade superior da táboa tras vencer ao Eume con comodidade.
A xornada da Liga da Costa estaba marcada polo encontro case que do ano, entre os colíderes Club do Mar e Camariñas en Paiosaco. Pero quedou nun empate que deixa todo como está. Ou se cadra non tanto, trala dimisión a finais da semana pasada de Manolín á fronte do Camariñas. Un Camariñas que queda agora nas mans de Pepucho, e que sumaba un punto tras unha moi boa segunda metade.
Polo detrás, o Fisterra non fallaba co Pindo, e no vagón de perseguidores, o Malpica continúa coa súa tremenda racha (11 xornadas sen perder e 9 vitorias seguidas) e superou a todo un Baio, que tamén viña como unha moto. O Sofán tamén parou a marcha do Corme no Cairo.
Por abaixo, o Buño colleitou unha vitoria moi importante en Verdillo que lle permite descansar unha semana máis, deixando aos de Trucho e Puñal na mesma complicada tesitura. Iso si, a derrota do Nantón en Zas mantén aos cabaneses en postos de descenso. Curiosa foi a disxuntiva a que se tivo que enfrontar o Nantón, con 3 porteiros sobre o céspede de San Andrés tras varias lesións...
Na 3ª, continúa a loita tremenda na zona de arriba, na que o Carnota supera ao Cabana no liderato. Os de Cambeiro superaron o complicado escollo do Coristanco e aproveitaron o tropezo do Cabana en Xaviña (parece que non lle sentou ben o parón da semana pasada aos cabaneses). O trío de cabeza o completa o Outes, empatado co Cabana e a tan só 1 punto do líder. Os de Manu Roque e Tomé venceron en Carballo cunha gran imaxe.
Por detras, parece que os Cerqueda, Volantes e Porteño se unen ao segundo vagón, que ocupan por pleno dereito, o propio Coristanco, e o Montelouro.
En xuvenís a Liguilla previa á Fase de Ascenso segue intensa. Dumbría B e Baio suman partidos por vitorias, pero a igualdade parece clara. O Malpica, campión norte, non podía co Santa Comba, e o Cee, campión do Sur, sufría para superar ao Camariñas.
Preferente, xornada 23
| Soneira | 1-1 | Narón |
| Santa Comba | 2-1 | Xove Lago |
| Viveiro | 2-1 | Xallas |
| Foz | 0-1 | Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 22
| Ponteceso | 2-0 | Eume |
| Cee | 1-3 | Carral |
2ª Autonómica, xornada 22
| Fisterra | 8-0 | O Pindo |
| Esteirana | 4-2 | Corcubión |
| Club do Mar | 1-1 | Camariñas |
| Malpica | 2-1 | Baio |
| Dumbría B | 1-1 | Castriz |
| Muros | 4-2 | Mazaricos |
| San Lorenzo | 0-1 | Buño |
| Corme | 0-2 | Sofán |
| Zas | 2-0 | Nantón |
3ª Autonómica, xornada 26
| Lira | 1-1 | Atl. Pereiriña |
| Camelle | 2-2 | Volantes |
| Laxe | 1-0 | Muxía |
| Indep. Carballo | 1-3 | Outes |
| Soneira B | 3-0 | Corcoesto |
| Carnota | 3-1 | Coristanco |
| Fisterra B | 0-4 | Montelouro |
| Cerqueda | 3-0 | Porteño |
| Xaviña | 0-0 | Cabana |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 21
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2
| Cee | 2-1 | Camariñas |
| Santa Comba | 2-2 | Malpica |
| Soneira | 0-5 | Dumbría B |
| Baio | 4-0 | Corcubión |
Copa da Costa Xuvenil, Grupo 1, xornada 2
| Zas | 6-2 | Outes |
| Coristanco | 4-2 | Dumbría |
| Fisterra | 3-0 | Esteirana |
Copa da Costa Xuvenil, Grupo 2, xornada 2
| Corme | 0-2 | Mazaricos |
| Cabana | 10-0 | Muros |
División de Honra Cadete, xornada 21
| Montañeros B | 1-0 | Bergantiños |
2ª Cadete, xornada 22
| Coristanco | 0-18 | Dumbría |
| Fisterra | 1-6 | Baio |
| Ponteceso | 2-4 | Santa Comba |
| Muxía | 0-4 | Soneira |
| Zas | 1-4 | Muros |
| Camariñas | 0-0 | Cee |
| Esteirana | 11-0 | Porteño |
| Malpica | 1-1 | Cabana |
2ª Infantil, xornada 22
| Coristanco | 2-2 | Outes |
| E.M.F. Vimianzo | 0-12 | Cabana |
| Fisterra | 6-3 | Ponteceso |
| Esteirana | 4-1 | Santa Comba |
| Con. de Carnota | 4-5 | Muxía |
| Corme | 3-3 | Baio |
| As Baleas | 2-8 | Cee |
Ligas de Veteranos, xornada 20
1ª División
| Xv. Bergantiños | 5-0 | Vimianzo |
| Cabana | 2-1 | Castriz |
| Nantón | 3-1 | Camariñas |
| Buño | 0-4 | Baio |
| San Román | 1-1 | Bergantiños |
| Bértoa | 4-2 | Corcubión |
| Zas | 2-0 | San Lorenzo |
2ª División
| Porteño | 2-2 | Malpica |
| Leiloio | 5-0 | Dep. Carballo |
| At. Milagrosa | 3-1 | Sofán |
| Agualada | 2-3 | Corcoesto |
| Camelle | 0-0 | Corme |
| Muros | 2-3 | Coristanco |
| Soneira | 18-2 | Club do Mar |
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).