Luns. 29.04.2024
El tiempo

Preferente: 2 vitorias, un empate e unha derrota

Preferente: 2 vitorias, un empate e unha derrota
Se ben o Soneira enfrontábase ao ferrolán Narón, Santa Comba, Dumbría e Xallas mantiñan choques contra os equipos da Mariña Lucense. Todos eles copan a parte baixa da táboa, pero só laranxas e dumbrieses sacaban os 3 puntos, mentres que os de Iván Cancela volvían de baleiro de Viveiro. Gran partido do Soneira ante todo un Narón, 2º clasificado, que supón un punto e moita moral para seguir na loita.

Soneira – Narón (1-1)

  • SONEIRA: Jose Angel, Mayor (Mauro, min.64), Vecino, Martín, Ferreiro, Santi, Víctor García (Pablo, min.27), Míchel, Brais, Vía (Quique, min.57) e Iago (Pichi, min.83)
  • Goles: 1-0, min.23: Vía; 1-1, min.49.
  • Expulsións: Os locais Vecino (min.72) por dobre cartón amarelo e Mauro (min.80), tamén por dobre cartón amarelo, os dous na mesma xogada, por protestar un codazo nun córner. Xa cando estaba fóra do campo, viu cartón vermello Víctor García.
  • Lesión: O local Víctor García, xa estaba tocado do partido co Laracha e onte nunha xogada el só, resentiuse e tivo que saír do campo.
Punto de ouro o conseguido polo Soneira que pode saber a pouco vendo a primeira metade, pero a moito tras acabar con 9 xogadores ao final do encontro. O equipo de Miguel comezou moi ben, presionando por todo o campo sen deixar xogar ao potente equipo de adestrado por Cata. Na primeira metade os de Narón non tiveron unha ocasión clara de gol, tampouco os locais tiveron moitas, pero un obús de Vía dende fóra da área que se colou por toda a escadra marcou a diferenza. No segundo acto, a cousa cambiou moito. Nada máis saír xa encaixaron o empate e pasaron uns minutos malos, nos que os visitantes mostraron as razóns de por que están segundo clasificados. O Soneira foi pouco a pouco pechándose atrás e sen sufrir moi claras ocasións de gol, si se vía que co vento tamén en contra, podía chegar un gol dos da mariña en calquera momento. A medida que ían pasando os minutos ían sacundindo a presión os soneiráns, pero as cousas iríanse complicando, pois Vecino sería expulsado por dobre cartón amarelo, e pouco despois o faría Mauro. O colexiado sacou de equicio aos locais na parte final do encontro e ademais destes expulsados, tamén viu o cartón amarelo Víctor García que estaba xa fóra do campo. Tirou de orgullo o Soneira para defenderse en inferioridade e loitaron todos os balóns con moitas gañas. Debutou no equipo local Pichi, un canteirán que estivo xogando no cerceda B e esta tempada estaba no Silva, este xogador estivo a piques de se converterse no heroe do encontro, pois sacou un balón controlado nunha contra con moita velocidade e tras desfacerse de tres contrarios doulle un pase a Brais que fixo un control un pouco longo e pese a tocar coa punteira o porteiro salvou o que podería ser o gol da vitoria. Boas sensacións deixa o equipo soneirán que segue incorporando xente nova e acumulando baixas, Vía tivo que saír con problemas musculares nun cuádricep.

Santa Comba - Xove Lago (2-1)

  • SANTA COMBA: Diego, Agustín (Chinda, min.46), Roberto (Oscar, min.65), Angelo, Gonzalo, Jota, Doro, Toni (Colón, min.85), Noli (David, min.70), Julián e Baña.
  • Goles: 1-0, min.15: entre Gonzalo e un xogador visitante tras un córner; 1-1, min.60; 2-1, min.82: Pablo Baña.
  • Expulsións: Gonzalo (min.20) e Colón (min.90) e un xogador visitante no min.75.
Volveu sumar os 3 puntos o cadro laranxa por primeira vez no 2012, e o fixo no día no que volvía colleitar 2 expulsións, como na primeira volta. Parece que os de Gelucho sacan o mellor de si mesmos con algún home menos e de feito, só tralo empate dos da Mariña sacaron a rabia os laranxas para sacar os 3 primeiros puntos do ano, e volver a ser aquel Barça da Costa que arrasaba na primeira volta pola Mariña, con bonitas e perigosas combinacións ao borde da área. Así e todo, non foi moi sobrada a vitoria do Santa Comba ante o pechacancelas, que non creou moito perigo pero que se mantivo ben pechado e firme atrás. Pablo Baña, contra o final, puxo o defintivo 2-1 que dá un respiro aos laranxas.

Viveiro - Xallas (2-1)

  • XALLAS: David, Ismael (Ismael, min.73), Iván, Becerra, Rubio, Ricardo, Rubén, Brais (Toni, min.60), Beiroa, Luís e Alexandre.
  • Goles: 0-1, min.10: Luís; 1-1, min.27: de penalti; 2-1, min.73.
  • Expulsión: un xogador local no min.85.
Comezou gañando o cadro de Iván Cancela, e tiña o partido controlado na primeira media hora. Pero un penalti empatou o choque e o conxunto local estirouse. Na segunda abriuse o partido, e Beiroa fallou unha boa ocasión para poñer de novo por diante aos verdes. Pero o partido convertiuse nun "correcalles" e caeu do lado local. Puido caer un empate pero desta volta non tiveron sorte os xalleiros.

Foz - Dumbría (0-1)

  • DUMBRÍA: Sergio, Tantán (Samuel, min.90), Isma, Iván, Aarón Fdez, Piri (Riki, min.85), Alberto (Toni, min.60), Schuster (Suso, min.75), Iago, Eloy e Luis (Cacho, min.70).
  • Gol: 0-1, min.75: Eloy a centro de Piri.
Non sufríu demasiado o equipo dumbriés para sacar os 3 puntos dun dos equipos da zona baixa. Pero tampouco estivo sobrado e o gol da vitoria non chegou ata o último cuarto de hora. Ademais, e malia os dumbrieses sempre tiveron o partido máis ou menos controlado, o equipo local fallou un penalti. O máis positivo foi que se ben nas últimas xornadas había dúas partes ben distintas de xogo, onte o equipo estivo máis equilibrado en todo momento.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios