Na Preferente, hai que destacar o empate do Soneira, ademais merecendo máis, ante todo un Compos no día do clube nun Municipal ateigado. Tamén empatou o Santa Comba ante un rival directo, o Dubra, ao que mantén a 5 puntos. Pero o Laracha escapa tras vencer ao Dumbría e saca 2 puntos aos laranxas. Os que tampouco sumaron foron os xalleiros e caeron ante o potente Narón.
En 1ª, mala xornada para os nosos con doble derrota.
E resultados importantes na Liga da Costa. O Club do Mar sacaba adiante o partido ante a Esteirana, pero o Camariñas non podía co Muros e queda a 4 puntos. Por detrás, o Fisterra superaba ao Malpica na loita pola 3ª praza. Ademais o Corme vencía no Conco e queda a 1 punto dos malpicáns. Muros e Baio manteñen opcións. Por abaixo, xornada clave para un Nantón afogado. O Corcubión sacaba os 3 puntos máis importantes do ano e deixa ao Nantón a 4 puntos da salvación, que marca un Zas que empataba co Sofán a pesar das baixas. Mazaricos escapa, ao igual que o Castriz.
Na 3ª, O Carnota segue líder. Os de Cambeiro gañaban o derbi co Lira, mentres que o Outes, no partido da semana, vencía ao Montelouro, que por primeira vez queda fóra dos 6 primeiros postos, tralas vitorias do Cerqueda e do Volantes (este desbancando case defintivamente da loita ao Porteño. O que tropezou foi o Cabana, 3º, onte ante o Soneira B, pero aínda está a 8 puntos do 4º, o Coristanco, que vencía ao Alcaián.
En xuvenís, importante vitoria do Cee ante o Malpica que iguala a cousa. Os malpicáns sacan agora 1 punto ao Baio, e 2 ao Dumbría e Cee, quedando todo aberto na loita polas dúas primeiras prazas. Corcubión e Santa Comba albergan aínda esperanzas.
Preferente, xornada29
Narón
4-1
Xallas
Laracha
1-0
Dumbría
Soneira
2-2
Compostela
Santa Comba
0-0
Dubra
1ª Autonómica, xornada 28
Ponteceso
0-1
Silva
Perlío
4-1
Cee
2ª Autonómica, xornada 28
Fisterra
2-1
Malpica
Esteirana
0-1
Club do Mar
Dumbría B
0-3
Corme
Muros
3-2
Camariñas
San Lorenzo
1-1
Baio
Mazaricos
4-0
O Pindo
Nantón
0-2
Corcubión
Zas
1-1
Sofán
Castriz
2-2
Buño
3ª Autonómica, xornada 32
Camelle
2-3
Laxe
Indep. Carballo
10-0
Muxía
Soneira B
4-3
Cabana
Carnota
4-2
Lira
Cerqueda
4-0
Atl. Pereiriña
Alcaián
2-3
Coristanco
Porteño
0-1
Volantes
Outes
2-1
Montelouro
Fisterra B
6-4
Xaviña
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 8