Última fin de semana de setembro e nova xornada de #futboldacosta. E con moitas cousas chega esta crónica da xornada.
Na Preferente gran xornada. O Xallas mantense ben arriba tras golear ao Lemos, pero non escapa do Boiro que támen venceu, nin dun sorprendente Ribadeo que se mantén a 2 puntos dos líderes. Se ben o Dumbría descansaba (mantén a 6ª praza), o Soneira colleitaba unha grandísima vitoria na casa ante o Carral, que o mete 8º
Na 1ª, xornada dispar. O Malpica foi o único que sumou 3 puntos, e que 3 puntos. Os de Baña volvían á senda da vitoria cunha gran sorpresa ao vencer no campo dun dos cocos, en Padrón ante o Flavia, ao que alcanza. O Camariñas caía con rotundidade na casa ante un sorprendente Riveira, mentres que o Fisterra segue moi abaixo tras caer ante o Noia, outro dos cocos. O Ponteceso sumaba un empatiño na casa ante o Bertamiráns B que sabe a pouco.
A Liga da Costa mantén o pulso. O Sofán segue intratable, e xa van 5 de 5 e hoxe endosáballe precisamente 5 ao Buño. A Esteirana descólgase lixeiramente tras sufrir unha polémica arbitraxe en Baio, e 2º queda agora un Corme que dá moi boas sensacións. Os de Genaro meteron unha manita a un Corcubión que xa leva 3 derrotas consecutivas. Dúas das sorpresas da competición mantéñense entre os de arriba. Volantes e Montelouro venceron a Outes e Castriz e seguen a 3 puntos do líder. O Cee, xunto ao Baio, tamén amosan a cabeza por arriba. Por abaixo xa preocupan Cabana e Dumbría B, que aínda non estrearon o taboleiro.
A 3ª da Costa segue cun líder indiscutible. O Independiente venceu en Ara Solis ao filial fisterrán e suma os 15 puntos. 12 ten Porteño e Camelle. Os camariñáns están moi fortes e goxe o demostraban en Coristanco e Corcoesto con sendos 0-4. Por detrás xa está a UD Cerqueda, tras vencer ao Castrelo; o Lira, tras vencer en Arliña nun partido polémico; e Ameixenda, que leva 3 vitorias seguidas trala de hoxe en Alcaián. E no último partido da xornada o Baíñas sumou a súa primeira vitoria a costa xo Xaviña.
En Xuvenís, tocou empate. Os dous partidos da fin de semana quedaron 0-0. Polo sur, o Cee e o XSC disputaban un choque entregadísimo pero sen goles, igual que o Baio-Ponteceso do norte, cos dous equipos que chegaba de líderes e agora vén como o Malpica, tras vencer en Muxía, se suma ao trío de cabeza. Así e todo non poden esquecer a Cabana e Coristanco que chegan por detrás.
E enorme a doble vitoria do Dumbría nas Ligas Galegas ante o Portuarios en cadete e Viveiro en infantil.
Ademais, nos Veteranos cómpre destacar a gran vitoria do Soneira ante o San Román, un dos grandes favoritos. Con esta vitoria o Soneira, recén ascendido, afianza o seu liderato empatado co Cabana, que tamén vencía ao Baio.
Preferente Norte, xornada 6
Soneira
4-2
Carral
Xallas Santa Comba
6-0
Lemos
Descansa o Dumbría.
1ª Autonómica, xornada 5
Camariñas
0-3
Atl. Riveira
Ponteceso
0-0
Bertamiráns B
Noia
1-0
Fisterra
Flavia
0-2
Malpica
2ª Autonómica, xornada 5
Muros
6-2
Dumbría B
Corme
5-0
Corcubión
Baio
2-0
Esteirana
Mazaricos
0-1
San Lorenzo
Zas
1-3
Cee
Sofán
5-1
Buño
Carnota
3-1
Cabana
Outes
0-3
Volantes
Montelouro
3-2
Castriz
3ª Autonómica, xornada 5
Laxe
3-3
Nantón
Fisterra B
0-2
Indep. Carballo
Muxía
3-4
Lira
Corcoesto
0-4
Camelle
Cerqueda
4-1
Castrelo
Alcaián
0-1
Ameixenda
Coristanco
0-4
Porteño
Xaviña
1-3
Baíñas
Descansa Soneira B.
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 5
Fisterra
3-0
Muros
Mazaricos
4-3
Outes
Cee
0-0
Xallas StComba
Esteirana
0-5
Dumbría
Corcubión
3-1
Soneira
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 5
Laxe
2-1
Corme
Baio
0-0
Ponteceso
Zas
3-3
Cabana
Coristanco
1-0
Camariñas
Muxía
1-4
Malpica
Liga Galega Cadete, xornada 3
Dumbría
1-0
Portuarios
Liga Galega Cadete, xornada 3
Dumbría
3-2
Viveiro
Liga Infantil, xornada 2
Sofán
0-12
Xallas StComba
E.M.F. Vimianzo
1-8
Baio
Ponteceso
0-7
Coristanco
Esteirana
3-1
E.D. Os Miud
os
Outes
1-7
Corme
Cabana
4-2
Muxía
Fisterra
6-3
As Baleas
Descansa Cee.
Ligas de Veteranos, xornada 3
1ª División
San Lorenzo
5-1
Bértoa
Vimianzo
0-3
Ponteceso
Coristanco
2-2
Corcubión Vet.
Xv. Bergantiños
Susp.
Castriz
Zas
2-1
Bergantiños
Baio
0-2
Cabana
Camariñas
1-0
Nantón
San Román
2-3
Soneira
O Xuv. Bergantiños Castriz foi suspendido no min.27 por asistencia a un xogador e se reanudará o 12 de outubro ás 17:00h.