Última fin de semana de setembro e nova xornada de #futboldacosta. E con moitas cousas chega esta crónica da xornada.
Na Preferente gran xornada. O Xallas mantense ben arriba tras golear ao Lemos, pero non escapa do Boiro que támen venceu, nin dun sorprendente Ribadeo que se mantén a 2 puntos dos líderes. Se ben o Dumbría descansaba (mantén a 6ª praza), o Soneira colleitaba unha grandísima vitoria na casa ante o Carral, que o mete 8º
Na 1ª, xornada dispar. O Malpica foi o único que sumou 3 puntos, e que 3 puntos. Os de Baña volvían á senda da vitoria cunha gran sorpresa ao vencer no campo dun dos cocos, en Padrón ante o Flavia, ao que alcanza. O Camariñas caía con rotundidade na casa ante un sorprendente Riveira, mentres que o Fisterra segue moi abaixo tras caer ante o Noia, outro dos cocos. O Ponteceso sumaba un empatiño na casa ante o Bertamiráns B que sabe a pouco.
A Liga da Costa mantén o pulso. O Sofán segue intratable, e xa van 5 de 5 e hoxe endosáballe precisamente 5 ao Buño. A Esteirana descólgase lixeiramente tras sufrir unha polémica arbitraxe en Baio, e 2º queda agora un Corme que dá moi boas sensacións. Os de Genaro meteron unha manita a un Corcubión que xa leva 3 derrotas consecutivas. Dúas das sorpresas da competición mantéñense entre os de arriba. Volantes e Montelouro venceron a Outes e Castriz e seguen a 3 puntos do líder. O Cee, xunto ao Baio, tamén amosan a cabeza por arriba.
Por abaixo xa preocupan Cabana e Dumbría B, que aínda non estrearon o taboleiro.
A 3ª da Costa segue cun líder indiscutible. O Independiente venceu en Ara Solis ao filial fisterrán e suma os 15 puntos. 12 ten Porteño e Camelle. Os camariñáns están moi fortes e goxe o demostraban en Coristanco e Corcoesto con sendos 0-4. Por detrás xa está a UD Cerqueda, tras vencer ao Castrelo; o Lira, tras vencer en Arliña nun partido polémico; e Ameixenda, que leva 3 vitorias seguidas trala de hoxe en Alcaián.
E no último partido da xornada o Baíñas sumou a súa primeira vitoria a costa xo Xaviña.
En Xuvenís, tocou empate. Os dous partidos da fin de semana quedaron 0-0. Polo sur, o Cee e o XSC disputaban un choque entregadísimo pero sen goles, igual que o Baio-Ponteceso do norte, cos dous equipos que chegaba de líderes e agora vén como o Malpica, tras vencer en Muxía, se suma ao trío de cabeza. Así e todo non poden esquecer a Cabana e Coristanco que chegan por detrás.
E enorme a doble vitoria do Dumbría nas Ligas Galegas ante o Portuarios en cadete e Viveiro en infantil.
Ademais, nos Veteranos cómpre destacar a gran vitoria do Soneira ante o San Román, un dos grandes favoritos. Con esta vitoria o Soneira, recén ascendido, afianza o seu liderato empatado co Cabana, que tamén vencía ao Baio.
Preferente Norte, xornada 6
| Soneira | 4-2 | Carral |
| Xallas Santa Comba | 6-0 | Lemos |
1ª Autonómica, xornada 5
| Camariñas | 0-3 | Atl. Riveira |
| Ponteceso | 0-0 | Bertamiráns B |
| Noia | 1-0 | Fisterra |
| Flavia | 0-2 | Malpica |
2ª Autonómica, xornada 5
| Muros | 6-2 | Dumbría B |
| Corme | 5-0 | Corcubión |
| Baio | 2-0 | Esteirana |
| Mazaricos | 0-1 | San Lorenzo |
| Zas | 1-3 | Cee |
| Sofán | 5-1 | Buño |
| Carnota | 3-1 | Cabana |
| Outes | 0-3 | Volantes |
| Montelouro | 3-2 | Castriz |
3ª Autonómica, xornada 5
| Laxe | 3-3 | Nantón |
| Fisterra B | 0-2 | Indep. Carballo |
| Muxía | 3-4 | Lira |
| Corcoesto | 0-4 | Camelle |
| Cerqueda | 4-1 | Castrelo |
| Alcaián | 0-1 | Ameixenda |
| Coristanco | 0-4 | Porteño |
| Xaviña | 1-3 | Baíñas |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 5
| Fisterra | 3-0 | Muros |
| Mazaricos | 4-3 | Outes |
| Cee | 0-0 | Xallas StComba |
| Esteirana | 0-5 | Dumbría |
| Corcubión | 3-1 | Soneira |
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 5
| Laxe | 2-1 | Corme |
| Baio | 0-0 | Ponteceso |
| Zas | 3-3 | Cabana |
| Coristanco | 1-0 | Camariñas |
| Muxía | 1-4 | Malpica |
Liga Galega Cadete, xornada 3
Liga Galega Cadete, xornada 3
Liga Infantil, xornada 2
| Sofán | 0-12 | Xallas StComba |
| E.M.F. Vimianzo | 1-8 | Baio |
| Ponteceso | 0-7 | Coristanco |
| Esteirana | 3-1 | E.D. Os Miud |
os
| Outes | 1-7 | Corme |
| Cabana | 4-2 | Muxía |
| Fisterra | 6-3 | As Baleas |
Ligas de Veteranos, xornada 3
1ª División
| San Lorenzo | 5-1 | Bértoa |
| Vimianzo | 0-3 | Ponteceso |
| Coristanco | 2-2 | Corcubión Vet. |
| Xv. Bergantiños | Susp. | Castriz |
| Zas | 2-1 | Bergantiños |
| Baio | 0-2 | Cabana |
| Camariñas | 1-0 | Nantón |
| San Román | 2-3 | Soneira |
- O Xuv. Bergantiños Castriz foi suspendido no min.27 por asistencia a un xogador e se reanudará o 12 de outubro ás 17:00h.
2ª División
| Camelle | 2-0 | Porteño |
| Dep. Carballo | 2-7 | Corcoesto |
| Buño | 0-2 | Cerqueda |
| Corme | 4-3 | Sofán |
| Muros | 2-1 | Malpica |
| Leiloio | 0-1 | Poniente |
| At. Milagrosa | 4-0 | Agualada |
Máis información
Artigos deportivos
Crónicas da semana
Artigos deportivos
Fonte